Pedimos con firmeza que o grande dinamizador da cultura e economía de Grandas, Pepe el Ferreiro, sexa renovado na dirección dese Museo etonográfico, pois é obra del e daqueles e aquelas que co seu traballo construíron esa marabilla que animou a propia economía da zona. Ninguén entendería hoxe esa fermosa vila sen o seu museo. Volvería, nese caso, ao silencio e á despersonalización.
Coa forza da xustiza e do futuro, LugoPatrimonio quere deixar constancia diante de quen comete a inxustiza e a barbarie, que unha xoia sempre se mostra con orgullo, pois ten valor, beleza e brillo, e non se comprende que recoñocida como tal polo noso pobo, sexa botada da mina onde se formou. Pepe el Ferreiro ten que volver aínda con máis forza á esa obra magnificamente creada.
Lugo, a 3 de febreiro do 2010-02-04
O Presidente de LugoPatrimonio
Asdo.: Lois Diéguez
En Pontevedra visitaremos as igrexas de San Francisco e Santa María.
Despois vamos a Soutomaior, para visitar o seu castelo como exemplo de fortalezas construídas no período do que tratamos.
Xantaremos na Fortaleza de Valença de Miño e a seguir darémoslle unha volta completa á catedral de Tui para ver o monumento, as cubertas do mesmo e o museo catedralicio, e de dispoñer de tempo o casco antigo de Tui.
Podedes consultar aquí o programa completo da viaxe:
Visita os nosos álbumes de fotos da festa das fachas:
|
Outras noticias publicadas:
07 de Setembro: LugoPatrimonio participou na festa das fachas de Castelo
5/12/07: PROPOSTA DE CRIACIÓN DA FIGURA DE “BEN RURAL DE INTERESE CULTURAL E ETNOGRÁFICO”
MANIFESTO: AS FACHAS DE CASTELO: BEN DE INTERESE CULTURAL E FESTA DE INTERESE TURÍSTICO
O RIBEIRO DE AVIA
* Parada no Carballiño:Visita á Vercruz, obra de Antonio Palacios e dun pobo de pulpeiras, panadeiras, negociantes, emigrantes...síntese das pedras, do saber dos canteiros e das arquitecturas do país.
* De Lebosende a San Tome de Serantes, de igrexas románicas a carón de penedas xigantes e restos de cultos panteístas
* Pena Corneira, ergueita como a lingua pétrea dun menstruo antediluviano asexando os ribeiros e antergos camiños, inspiradora para Cunqueiro, que pon aquí a oirixe do ritual da queimada.
*Terras de Carballedo de Avía...entre petoutos con formas extranas, covas do pasado, posibles mitreos ou serapeos... e de fuxidos....
*Ribadavia: Capital dos ribeiros, feita por xudeos e cristianos, feirantes e feretristas, do malagrado Rei Garcia, señorío dos Sarmiento, pretendida polo de Soutomaior.Onde aquece beber un viño tinto espeso, sangue da terra outonal, ese que fai o "ollo de perdiz en cunca de louza branca.
San Xes de Francelos
A harmonía das celosías en pedra, xogando con luces e sombras nunha igrexa prerrománica, con gravados á entrada cuxa disposición nos lembra os de Santa Eulalia de Bóveda.
* Beade, coa Encomienda de San Xoán, sabechosos iles, andantes de oriente, ese templo de tódalas luces e tempos que ergue espadaña sobre os viñedos (ainda que o seu é este de entre a vendima e a castañeira). Calvarios, Altares merecedores de tódolos sacrificios de paz, de Misas, en brinde de pan e viño, productos da terra....
* Berán:balneario termal, aldea fidalga, igrexa barroca sobre vellas estructuras do pasado...e tabernas nas que tamén mellora o idioma.
* Leiro: co celebrado campo de Romaría da Santa Cruz, nas ribeiras do Avia, coa ponte da Veiga, lanzal e de bós agoiros para quen a cruza, e a ponte das poldras...leccións dos mellores constructores de camiños en homenaxe ó viño. Puzos do Avía, remuiños de trasnos e nereidas, aquelas esquecidas dos contos das lareiras.
* San Clodio: O Mosteiro Cisterciense e a historia do abade que Pedro Madruga fixo pasear a cabalo dun burro, espido, e cunha ristra de allos ó pescozo....terras de Eladio Rodriguez, de Samuel Eijçan, queridas por Alvaro de las Casas...de músicos e poetas, inspiración permante para o sempieterno señor de Trasalba.