XULLO
Día 4, sábado:Viaxe a RINLO: O MAR DAS CETARIAS
O día 4 de xullo faremos outra viaxe que nos introducirá na visión real do que está a pasar coa nosa Costa, os proxectos que a destrúen, e a riqueza que posúe e que seguramente descoñecemos. Da man da arquitecta Carlota Eiros, faremos percorridos en lancha, autobús e a pé, para visitar os seguintes lugares:
- Ría de Ribadeo (en lancha, con inicio ás 10,30 h.).
- Castro das Grovas.
- Paseo polo núcleo de Rinlo.
- Xantar (arroz caldoso con lumbrigante, como é de rigor).
- Paseo deica as cetarias de Rinlo.
- Castro de Meirengos.
- Praia das Catedrais e arredores.
- Casa-museo do pintor Celso Dourado, co seu fermoso xardín zen.
- Percorrido final pola Costa (estragos urbanísticos e paseos).
Despois desta fermosa viaxe faremos as conclusións de rigor.
Notas
Saída de lugo, o 4 de xullo, sábado, ás 8,30 h. do lugar de sempre.
Regresaremos á nosa cidade arredor das 22 h.
Prazas limitadas a 35 coas condicións habituais.
Anotacións: día 29 de xuño, luns, na galería Sargadelos de Lugo, entre 18 e 20 h.
AGOSTO
Día 3, luns: exposición e comentarios sobre a Viaxe do día 8.
Día 8, sábado: Viaxes a: Salcedo (A Pobra do Brollón) ou A Fonsagrada
A elección do destino da viaxe vai depender de que Os Amigos dos Museos da Coruña lle entreguen neste mes de agosto o premio Pedra do Destino á Asociación que realiza o Entroido de Salcedo que xa coñecemos. De ser así participaríamos nesa entrega que será festiva e interesante.
En caso contrario, o 8 de agosto faríamos a viaxe pola Fonsagrada (Pobra de Burón, A Fonsagrada, A Seimeira, Pena do Inferno, Grandas de Salime...) en programa que detallaremos o día 3, así como a exposición comentada desta viaxe e as demais características.
Día 30 de agosto, domingo: comezo da 2ª parte do Congreso sobre Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos. Este Congreso é da máxima importancia para nós e pídesevos a máxima asistencia. Comezaremos ás 9,30 h. en Monforte e iremos ver as danzas da Cervela. O Programa detallado enviarase por correo no próximo mes. Atención ás datas de inscrición, que van do 1 ao 20 de agosto. Neste domingo do día 30 farase só a sesión do día, sendo as outras dúas o 7 e o 8 de setembro.
SETEMBRO
Día 7, luns: continúa o Congreso en Monforte e Castelo (Taboada), dedicado aos ritos do lume.
Día 8, martes: último día do Congreso, en Monforte e A Ermida (Quiroga), dedicado aos enigmas do Meco e as Pampórnigas.
OUTUBRO
Día 13, martes, proxeccións fotográficas sobre a viaxe do 17 e 18.
Día 14, mércores, conferencia de X.M. Fernández Anguiano sobre “Aspectos técnicos do viño: a súa relación coa sáude”.
Días 17 (sábado) e 18 (domingo) clausura do Ciclo Viño e Poesía,: viaxe a O Barco e A Rúa, (Pontes da Cigarrosa e Bibei, A Rúa, Viña Godeval, Mosteiro de Xagoaza, Vila do Castro, Pazo do Castro, O Barco, O Bolo, As Ermidas, Viana do Bolo).
NOVEMBRO
Día 3, martes: Conferencia e proxeccións sobre a viaxe a Os Ancares.
Día 7, sábado: Paisaxe e Vida: Os Ancares, para coñecer o Val do Rao, Balouta, Piornedo... xentes e paisaxes.
DECEMBRO
Día 2, mércores: conferencia sobre a viaxe á Coruña.
Día 11, venres: asemblea anual de LugoPatrimonio.
Día 19, sábado: viaxe á Coruña e os seus enigmas: arqueoloxá, historia, arte, xentes..., na compaña de Felipe-Senén López.
Cada un dos actos programados serán comunicados previamente con máis detalle.
Lugo, xuño do 2009
A Xunta Directiva