Mércores, 22 Xullo 2009 10:32

Congreso PATRIMONIO INMATERIAL DAS TERRAS DE LEMOS (2ª parte: Xornadas de outono)

 



Monforte, Castelo (Taboada), A Cervela (O Incio), A Ermida (Quiroga), 30 de agosto, 7 e 8 de setembro

Convocan: LugoPatrimonio, AA.VV. de Salcedo (A Pobra de Brollón), Asociación Amigos do Entroido Ribeirao (Chantada), Amigos Patrimonio Lemos, Asociación C. As Fachas (Castelo), Asociación Xuvenil e C. Os Turulecas (A Cervela-O Incio), Asociación C. Souto do Val (A Ermida-Quiroga),  Asociación de veciños San Martiño de Vilelos (O Saviñao).

Patrocinan: Consellería de Innovación e Industria, Xacobeo, S.A., Consellería do Medio Rural, Agader, Deputación Provincial de Lugo-Área de Cultura.

Colaboran: Concellos de: Monforte e Taboada.

Programa

 

Día 30 agosto, domingo

(dedicado ás danzas da Cervela - O Incio)

 

09,30 h.: acreditacións e entrega da documentación.

10,00 h.: acto de inauguración.

10,30 h.: conferencia inaugural O baile e a danza na tradición cultural de Galiza, a cargo de D. Luís Costa Vázquez, licenciado en Musicoloxía.

11,30 h.: descanso.

11,45 h.: Contexto paisaxístico e patrimonial da Cervela, a cargo do escritor Lois Diéguez, escritor.

13,00 h.: saída para A Cervela (O Incio) .

13,30 h.: participación na danza procesional da Cervela.

14,30 h.: xantar colectivo.

 

16,30 h.: visita á Cervela: aldea,igrexa románica, capela e pozo de San Roque.

18,30 h.: proxeccións comentadas sobre as danzas da Cervela.

19,30 h: mesa redonda con conferenciantes e representantes das asociacións sobre alternativas prácticas para a consolidación destas tradicións.

21,00 h.: cerre da xornada.



Día  7 de setembro, luns

(Dedicado ás Fachas de Castelo (Taboada) e Agucios de Vilelos (O Saviñao)

 

10,00 h.: conferencia: Os ritos do lume na cultura popular galega, a cargo do profesor D. Clodio González Pérez, historiador e etnógrafo..

11,30 h.: descanso

12,00 h.: As Fachas de Castelo e os Agucios de Vilelos: unha tradición secular, por Dª Carme Pernas, Licenciada en Humanidades e representantes das asociacións convocantes.

14,00 h.: xantar (libre).

16,30 h.: proxeccións comentadas sobre as Fachas e os Agucios.

18,00 h.: saída de Monforte para Castelo.

19,00 h.: visita a Castelo: pazo de Perrelos, sepultura do Sixto, igrexa e castro.

21,00 h.: cea colectiva.

23,00 h.: participación na queima das Fachas en Castelo.

00,30 h.: saída para Monforte.

 

Día 8 de setembro, martes

(Dedicado ao Meco e as Pampórnigas da Ermida).

 

10,00 h.: Contexto histórico e patrimonial de Hospital do Incio e A Ermida (Quiroga): a súa relación, conferencia a cargo do profesor D. Isidro García Tato, doutor en Filosofía.

11,15 h.: descanso

11,30 h.: saída para A Ermida.

12,30 h.: participación nos actos procesionais para ver as Pampórnigas e o Meco.

14,30 h.: xantar (libre)

16,30 h.: visita á igrexa e aldea de A Ermida.

18,00 h.: Significado e simbolismo do Meco e as Pampórnigas, por D. X.M. Blanco Prado, Licenciado en Filosofía e Letras.

19,00 h.: conclusións e peche do Congreso.

20,00 h.: saída para Monforte.



Avisos

  1. Prazas limitadas a 150, con preferencia dos asociados-as das entidades convocantes.
  2. Matrícula: 10 euros para non asociados-as; 5 euros para asociados-as (a excepción dos e das que participasen na 1ª parte do Congreso)
  3. Prazo para anotarse: do 1 ao 20 de agosto do 2009, para asociados-as e non asociados, nos lugares publicitados en cada localidade e na páxina web de LugoPatrimonio. Entre o 21 e o 25 de agosto comunicarase directa e exclusivamente  cos e coas que foron admitidos para que ingresen na conta Nº 2091 0152 21 3040085176 de Caixa Galicia antes do 28 de agosto a matrícula correspondente e o abono das comidas colectivas. Quedará unha lista de reserva por se produce algunha vacante.
  4. As sesións de mañá desenvolveranse na Casa da Cultura de  Monforte de Lemos. As da tarde nos lugares que se indican no Programa.
  5. O Congreso cobrirá exclusivamente os desprazamentos á Cervela, Castelo e A Ermida. Ofrecerase unha listaxe de restaurantes e hoteis para comodidade dos e das congresistas.
  6. Recoméndase levar roupa de abrigo para a noite que pasemos en Castelo (Taboada).

 

Para calquera información, nos tfnes.: 676 800 227 ou 656 236 343. Tamén na web, www.lugopatrimonio.org

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO