Sábado, 27 Abril 2024 15:15

Viaxe a Cambados

20 de abril

Esta viaxe tivo por finalidade visitar, en dous grupos, o Pazo de Fefiñáns, acompañados de dúas guías do establecemento e a Fundación Manolo Paz. Na entrada do pazo, na ampla praza que no seu día pertenceu a este conxunto, onde está a igrexa de san Bieito, fíxose unha introdución histórica e artística do edificio construído en varias fases, no estilo renacentista, do que foi fundador Juan Sarmiento Valladares, conselleiro de Felipe II, hoxe de propiedade dos marqueses de Figueroa.

Xa no interior percorremos todas as estancias, bastante escasas de mobiliario e artes decorativas que son propias deste tipo de palacios, chamando a atención especialmente as esculturas de Mariano Benlliure e Francisco Asorey, así como as dun descendente que foi discípulo do escultor galego, e a sala decorada con papel coloreado francés do século XIX, con motivos otomanos. Na planta alta da torre da homenaxe, onde está a biblioteca, detivéronse diante dunha reprodución da carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán.

Despois saímos ás hortas e viñedos pola ponte balaustrada, utilizada polos propietarios para non ter que pisar a vía pública, rematando cunha degustación do albariño das adegas do pazo.

Despois de xantar trasladámonos a Quintáns en Castrelo (Cambados) para visitar a Fundación do escultor Manolo Paz e o seu taller, onde nos recibiu e nos acompañou pola extensa finca onde se expoñen as súas esculturas de gran porte, moi ben integradas na paisaxe onde o Umia desemboca no Atlántico.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a o Castro de Viladonga +

    Día 22, sábado Viaxe a o Castro de Viladonga (pola mañá, con xantar) e pola tarde visita á exposición arqueolóxica Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 26 a Astorga +

    Día 8 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Esperanza Sixto da Ler Máis
  • Conferencia de María Esperanza Sixto da Silva, Profesora titular da USC sobre “Dereito Romano, patrimonio inmaterial herdado” +

    Día 8 de abril, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Esperanza Sixto da Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO