A segunda exposición era a obxecto da viaxe, “Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura” conmemorativa da súa fundación en Ortoño (Ames) o 12 de outubro de 1923, co fin de impulsar a modernización cultural e científica de Galicia, establecendo contactos con outras institucións semellantes de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido e Alemaña. A mostra contén numerosa documentación, publicacións, cartas, manuscritos, debuxos, esquemas, fotografías e obxectos singulares relacionados coa actividade e a historia do Seminario.
A terceira exposición visitada estaba dedicada ao “Traballo en equipo. 30 anos do CGAC”, que como se desprende do título conmemora a creación e posta en funcionamento do Centro Galego de Arte Contemporánea, na que se poden ver obras e instalacións procedentes dos fondos do Centro. Pola tarde fixemos unha vista guiada polo CGAC acompañados por Susana Varela Negro, que non só nos explicou as características arquitectónicas do edificio proxectado por Álvaro Siza Vieira, senón que vistamos a segunda exposición conmemorativa montada cos fondos artísticos nas diversas salas do Centro.