4 de outubro
O profesor de Historia José García Fernández comezou a súa disertación facendo a xenealoxía da familia Selgas. O primeiro Juan Selgas Campo (1790 – 1871) casou en 1827 con Josefa Albuerne, filla dun comerciante do Pitu. Entre 1816 e 1824, traballando coa camarilla de Fernando VII, e desempeñando algún cargo de rango inferior no palacio, como axudante do campo do gardarroupa da raíña e porteiro maior do Arquivo Xeral da Real Casa (1816-1824). Adquire un capital importante e regresan a Cudillero tendo influencia local ao desempeñar o oficio de tenente de alcalde no Concello e xuiz de paz. Tivo oito fillos, pero só sobreviviron tres: Ezequiel, Fortunato e Josefa.
Ezequiel (1828-1909), comezou en Madrid os estudos de enxeñeiro pero deixounos para dedicarse a traballar na Banca Iris. Entra en negocios de construción de estradas, seguros, especula na Bolsa. Métese en negocios de especulación urbanística sendo un dos promotores do barrio de Salamanca cos Urquijo, o marqués de Salamanca, e Remisa. Casou con Faustina Rodríguez Ayllón, pero non tiveron descendencia.
Fortunato (1829-1921), licenciado en dereito por Oviedo, dedícase á arqueoloxía e ás belas artes, edifica o palacio do Pitu e a igrexa do Nazareno, desde 1885 será académico correspondente da Real Academia da Historia e desde 1906 da de Belas Artes de San Fernmando. Tivo un labor moi importante na investigación e restauración da arte altomedieval asturiana sobre a que publicou varios libros. Entre 1912 e 1915 sufragou a restauración da igrexa prerrománica de Santullano dos Prados, en Oviedo. Rexeitou o título de conde de Selgas proposto pola Deputación e os concellos de Oviedo, Cudillero e Muros del Nalón.
Casou con María Marín Gisbert e tiveron tres fillos: Ezequiel Selgas Marín (1894-1958), José, falecido de neno e Juan Selgas Marín (1900-1959). Ezequiel e Juan casaron con dúas irmás: Carmen (1896-1992) e Manola Fagalde Hercé (1907-1991). Ao quedar viúva trasladouse cos fillos a Xativa, onde fixeron importantes negocios, como o Hotel Españoleto (1927), unha concesión de automóbiles, con taller, gasolineira e garaxe. Propiciaron a instalación do Banco de España sen ser capital de provincia. A cidade en agradecemento dedicoulle un xardín e un monumento á familia Selgas – Marín, e a Avenida de Selgas.
Ezequiel Selgas Marín (1894-1958), cursou os estudios de Ciencias, doutorándose. Enxeñeiro do Exército acadou o grao de comandante. Con Alberto Laffón inventou un sistema de gravación óptico do son para o cine, fundando un estudio de doblaxe. Fomentou a localización de xacementos de minerais, e o establecemento de varias industrias importantes. Faleceu nun accidente de tráfico en Madrid.
Juan Selgas Marín (1900-1959), ocupou postos en grandes entidades, sendo membro do consello de administración de varias sociedades, e falecen a consecuencia dunha operación que lle fixeron en Suiza.
Ningún tivo descendencia polo que as viúvas constituíron por testamento en 1992 a Fundación Selgas-Fagalde, con 15 representantes, 9 da familia, 2 do Principado de Asturias, 2 da Igrexa e 2 da Universidade de Oviedo.
A Quinta Selgas foi levantada en terreos da familia que foron ampliados, e ao igual que o pavillón dos tapices, está inspirado na arquitectura renacentista. Comezou a construción en 1883 facendo o proxecto Fortunato Selgas. Primeiro fixeron un chale que non chegaron a ocupar e que destinaron para a vivenda dos coidadores, engadindo a corte das bestas, os talleres e vaquería. A decoración interior foi feita por Ezequiel. Gústanlle os xardíns de Versalles quere facer algo igual, compra xarróns de ferro para o adorno.
Entre 1875 e 1890 compran obras de arte por lotes en anticuarios para decorar o palacete. En 1878 adquiren un lote de tapices e para gardalos constrúen un pavillón.
Entre 1885 e 1888 encargan a decoración interior a artistas franceses. En 1885 a casa Naves e Cia de Paris envíalle debuxos de molduras e decoracións de teitos de varios estilos, segundo os códigos de “os luíses”: Luís XIV, Luís XV, Luís XVI e Luís XVI riche. Cada decoración consta de escultura, follaxes, acanto, columnas, dourados e con fondo marrón ou en nogueira e ouro. En 1888 contacta con tres pintores decoradores de primeira categoría; Illionet, Marey e Godon, cada un recomendado por unha casa distinta (Godon tiña a súa propia empresa), que lle envían os esbozos, a primeira fase realízase no taller do artista e á segunda trasládanse a Asturias para instalar todos os elementos in situ.
En 1896 o conxunto estaba acabado respondendo ao gusto francés da época do Segundo Imperio: eclecticismo (renacemento, barroco de “os luíses” morisco, neopompeyano), gusto polo luxo e o ornato, horror vacui, materiais importados, moitos dourados ao mercurio, gran importancia do salón e os seus mobles: asentos, diváns, pequenos mobles auxiliares, etc. Tamén participan da decoración dos teitos or pintores Casto Plasencia e Manuel Domínguez, que veraneaban en Asturias e pertencían a Escola do Nalón. Os xardíns son de tres estilos, o francés o italiano e o inglés, con invernadoiro para cultivar as plantas.
Tamén se referíu a obra social, coa construción das escolas inauguradas en 1915, na que se imparte unha ensinanza práctica na que estaban prohibidos os castigos físicos. Tamén construíron a igrexa de estilo historicista, deseñada por Fortunato Serlgas, na que terán o seu panteón familiar, inaugurada en 1918 pola infanta Isabel, la Chata.
Rematou coa historia do roubo da Inmaculada do Greco, que trasladarán para a casa de Jorge Juan, 8 en Madrid, durante a guerra civil, por José Álvarez González Laviada, ao que lle encargan vixiar o edificio, onde se instalou coa súa noiva Esther Fernández Laponte- O cadro acaba en EE. UU, sendo recuperado nunha ourivería de Harlem tendo que pagar 75.000 dólares.
A adquisición en 1993 do “Cuaderno italiano” con esbozos de Goya permitiu certificar como obra da súa autoría “Aníbal vencedor que por primera vez miró a Italia desde los Alpes”, ata ese momento atribuído a Conrrado Giaquinto, e que a Fundación Selgas-Fagalde vendeu á Fundación Amigos del Museo del Prado.