Comezou o percorrido na parte onde estaban o muelle de carbóns, antes a ceo aberto e agora pechado constituíndo a primeira sala do Museo, onde se poden ver a forma de colocar os traxes dos mineiros para que secasen, pasando despois a onde se explica o distintos tipos de carbón, turba, lignito, antracita e hulla, produción de briquetas, o tren coa locomotora “Ponferrada” que transportaba o carbón desde o lavadoiro, instalada no lugar onde se descargaba manualmente para despois trasladalo por cintas transportadoras e vagonetas para queimar nos fornos que quentaban a auga para transformala no vapor que se empregaba como forza para mover as tres turbinas que producían a electricidade, todo en condicións ambientais extremas para os traballadores.
Pola tarde fixemos unha visita guiada por Villafranca, comezando na convento de San Nicolás, pasando despois a visitar o teatro Gil Carrasco, a igrexa de San Francisco, o palacio dos marqueses de Villafranca, a igrexa de Santiago, percorrida por la Calle del Agua, con varios palacios, como os dos marqueses de Villafranca, o de Torquemada, as Casas Torre, a Casa Morisca, a casa onde naceu e viviu o poeta Enrique Gil y Carrasco e o convento de San José, rematando o percorrido na Colexiata de Santa María de Cluniaco.