Mércores, 17 Mai 2017 20:52

A emigración galega a América. Os indianos.

O 12 de maio comezou o ciclo que LugoPatrimonio dedica aos Indianos, cunha conferencia introductoria que estivo a cargo da profesora de Historia de América da Universidade de Santiago de Compostela, Pilar Cagiao Vila.
Comezou dicindo que o fenómeno migratorio contemporáneo en Galicia con destino a América, tivo dúas fases. A primeira pasada a primeira metade do século XIX, cara a 1870, que remata coa gran depresión de 1929, e a segunda despois de 1946, rematada a segunda guerra mundial e a guerra civil española, rematando a fins dos anos sesenta na que se muda o destino para países europeos.
É a partir de 1853 cando por Real Orde se legaliza a emigración xa que na maioría das veces os nosos emigrantes saían de forma clandestina en veleiros de pequenos portos, como o de Ribadeo. É a partir de 1870 cando o fenómeno migratorio se converte en masivo. Aínda que as reclutas non foron frecuentes, agás do soado caso de Feijoo, sendo o habitual a saída espontánea.


Referiuse despois ao feito de que houbo unha visión negativa da emigración cando hai que falar dunha visión optimista, xa que foi positiva tanto para o desenvolvemento contemporáneo de Galicia como dos países receptores dos emigrantes. É certo que a saída maioritariamente de homes tivo a súas consecuencias na demografía galega, pois aquí só quedaban as mulleres, os nenos e os vellos.
Tampouco é de todo certo que so emigrasen os pobres, porque este non tiñan con que pagar a pasaxe. Ao ser familias numerosas, cada fillo tiña que buscar fóra da casa o seu futuro. A emigración era a solución para algún dos membros da familia xa que pola estructura social do nosos medio rural era costume que o morgado quedase na casa con algunha irmá para coidar aos vellos, outro podía ir a o exército, algún podía estudiar para crego.
Os países hispanoamericanos exportaban materias primas e necesitaban man de obra en todos os sectores productivos, de maneira que experimentaron un gran desenvolvemento económico. Pero o fenómeno migratorio non foi exclusivo de Galicia, senón que neste período Europa exportou a América cincuenta millóns de persoas.
Había que afrontar os gastos da viaxe ao que se facía fronte por diversos métodos. o préstamo, o empeño. Unha característica foi a de que emigrantes dunha mesma zona xeográfica tiveron o mesmo destino, incluso a mesma ocupación ou profesión. As cadeas de paisanaxe explican estas situacións, incluso de explotación entre veciños e entre as familias.
Anque os galegos foron a todos os países de América, preferentemente emigraron cara o Río de la Plata, e dicir, Arxentina e Uruguai. A provincia de Lugo preferiu maioritariamente Cuba mentres foi colonia española ata 1898, e despoius ata 1930, Estes países receptores tiñan unhas economías moi dinámicas o que propiciou o enriquecemento de algúns e o seu ascenso social. A economía de Cuba baseábase na producción do azucre pero non todos os emigrantes foron a cortar caña, a zafra, senón que traballaron nos medios urbanos. Nos países do Río de la Plata o seu motor económico era a gandería e os productos derivados, pero por iso non todos foron traballar ás estancias, senón que buscaron ocupación en tarefas urbanas en cidades como Bos Aires, Rosario, Córdoba e outras. En Brasil, as materias primas de producción para a exportación eran fundamentalmente o café, o cacao e o caucho, pero o máis habitual era que os emigrantes acabasen traballando no comercio dos medios urbanos. En EE.UU o fenómeno foi o rápido desenvolvemento industrial, pero a emigración galega apartir de 1921 foi minoritaria.
Un dos fenómenos da emigración galega foi a sociabilidade, creándose en 1879 os centros galegos de La Habana, Bos Aires e Montevideo, que se chegaron a converter en poderosísimas asociacións económicas, e ser directivo delas era un elemento de reforzamento xa que non accedía calquera. Tamén hai asociacionismo micro social, entidades máis pequenas, de lugar, coa denominación de "Hijos de ..." seguido do lugar de orixe, algo que se pode ver incluso nos panteóns colectivos, por localidades e oficios, no cemiterio Colón de La Habana. Asociación que foron moi fecundas para facer proxectos sociais nos seu lugares de orixe, preferentemente na creación, construcción, dotación e sostemento de escolas, creándose en toda Galicia máis de trescentas. Tamén contribuíron coas súas achegas económicas á redención dos foros, contribuíndo a modernizar o agro e a combater o caciquismo. A modernidade a Galicia chegou da man dos emigrantes.
O segundo período de emigración cara América, a excepción da emigración política motivada pola guerra civil de 1936, ten lugar desde 1946 ata fins dos anos sesenta do século XX, en troca cara Europa. É inferior en número e ten características propias, xa que a chamada ou motivo é a existencia de parentes no país de destino. É tamén unha emigración regulada xa que existe o Instituto Nacional de Emigración e outras institucións como a Emigración Católica. A emigración a Cuba péchase en 1930 debido á crise económica. A Venezuela non ían os galegos, senón os canarios. Os que  foron nesa época fixérono para cidades como Caracas, Barcelona, Valencia, etc. e as mulleres van en maior número.
En canto ao termo "indiano", non se lle pode aplicar a todos os emigrantes, senón a aqueles que fixeron fortuna e desenvolveron na súa terra unha acción de tipo social e económica. O nome ven de antigo, cando se emigraba ás Indias e se ía a "facer as Indias". Por tanto, indiano é o retornado que fai remesas económicas particulares ou colectivas, ou que está alo. Poden ser exemplos coñecidos García Barbón e Policarpo Sanz en Vigo, os irmáns Naveira en Betanzos ou Pedro Murias en Ribadeo. Fan unha labor filantrópica. A casa do indiano na súa terra é o espello do triunfador, e ten un estilo alleo que emulaba as casas do lugar onde residían.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO