Domingo, 21 Mai 2017 10:35

Ciclo O Renacemento. VIAXE A ÚBEDA E BAEZA

Dentro do ciclo dedicado ao Renacemento, do 14 ao 17 de maio viaxouse a Jaén para ver ás dúas cidades Patrimonio da Humanidade polo seu conxunto monumental renacentistas. O grupo de 33 viaxeiros aloxouse no Hotel Palacio de los Salcedo de Baeza.
A primeira parada foi en Villagarcía de Campos (Valladolid) onde se fixo unha visita guiada á Colegiata de San Luís, fundada por dona Magdalena de Ulloa, muller de Luis de Quijada, mordomo de Carlos V e encargado de educar ao seu fillo bastardo Juan de Austria, para que lle servise de panteón, e de colexio noviciado dos xesuítas, deseñada por Rodrigo Gil de Hontañón, con modificacións de Pedro de Tolosa e do xesuíta Giusseppe Valeriano. Ademais das diversas salas do museo, o máis importante é a igrexa e dentro dela, o retablo de alabastro deseñado por Juan de Herrera e a capela das Reliquias.
Despois de xantar en Arévalo fíxose un descanso en Tembleque, para admirar a súa singular "Plaza blanca de corrala", do século XVII, porticada e deseñada para espectáculos de touros e comedias. Está porticada con columnas toscanas e nos antepeitos dos corredores están decorados coa cruz da Orde de San Xoán.
Ao día seguinte fixemos unha visita guiada a Úbeda, comezando pola "Sinagoga del Agua" recen descuberta, un exemplo de conservación do patrimonio por un particular que a atopou ao facer un novo edificio.

Despois de visitamos o palacio de Francisco de los Cobos, propiedade de Natalio Rivas Savater que nos recibiu e acompañou na visita. Pasamos a continuación a visitar a sacra capela do Salvador, para ver especialmente a sancristía. Despois de facer un percorrido por diversas rúas para ver palacios e igrexas regresamos a Baeza, cidade que vimos pola tarde.
Percorrido polas rúas e visitas ao interior da antiga universidade, palacio de Jabalquinto, igrexa de Santa Cruz e a catedral. Rematamos na Praza dos Leóns, onde están a Porta de Carlos V, as Escribanías, a antiga carnicería e a milenaria fonte dos Leóns.
O día 16 desprazámonos a Jaén, para ver os espléndidos baños árabes, e no mesmo edificio o Museo Naif, único en España, e o Museo Etnográfico, pasando despois a visitar a catedral, unha gran obra renacentista.
O día 17, de volta, paramos en Toledo para ver nunha visita guiada o Hospital de San Juan Bautista ou de Tavera, fundado polo que foi cardeal arcebispo de Santiago Juan Pardo Tavera, e construído entre 1541 e 1603, baixo a supervisión de Alonso de Covarrubias. Chamounos especialmente a atención os patios e o sepulcro de o cardeal, así como as pinturas do Greco, Ribera, Tintoretto, Zurbarán e outros que contén o palacio.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO