Con motivo do ciclo dedicado ao Renacemento, o día 22 de abril viaxamos a Astorga para ver a catedral, que tanto na parte de arquitectura como na de escultura, contén elementos artísticos de este estilo. Os 18 viaxeiros escoitaron as explicacións da guía Patricia Arold, que comezou a disertación diante da Portada dos Bispos, onde se retratou o grupo. Despois pasaron á fachada principal, unha obra ecléctica onde se poden ver mesturados elementos renacentistas e barrocos.
Xa no interior, ademais de facer un percorrido por cada un dos retablos e o coro, a disertación máis importante foi ante o retablo maior, obxecto principal da visita, obra romanista de Gaspar Becerra.
A membro da directiva Julia Cantalapiedra completou as explicacións de Patricia Arold cunha lección maxistral sobre a formación de Gaspar Becerra, a estructura do retablo, o significado das representacións, derivadas de tres principios promovidos polo Concilio de Trento, exaltación da fe, da Eucaristía, e da Virxe María, así como tamén sobre as características primordiais do estilo romanista.
Tamén visitaron o Palacio Episcopal de Gauidi e despois de xantar o típico cocido maragato no restaurante La Peseta, visitaron o Museo Romano e fixeron a Rota Romana, visitando diversos xacementos arqueolóxicos da cidade.