Artigos filtrados por data: Outubro 2023

Día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo

Viaxe para ver a Vila romana de La Olmeda e o Museo de Saldaña, Astudillo e San Hipólito el Real. Saída ás 8 horas.

13 de outubro

O profesor de Historia da Arte da Universidade de León comezou a conferencia indicando que durante a Antigüidade romana as vilas convertéronse nos ámbitos domésticos por excelencia, moradas nas que os propietarios patrocinaron e usaron as formas máis luxosas de ornamentación dos seus muros, chans, mobiliario, etc., buscando crear espazos suntuosos para a vida e a representación social. Ademais da imaxes, recorreu a dar lectura a algún parágrafo de textos de autores romanos nos que se fala da vida nestas vilas.

Nos contextos do Mediterráneo, e na mesma Península Ibérica, conserváronse, en ocasións en paraxes illadas de gran beleza, conxuntos habitacionais, vilas, de gran relevancia e calidade artística.

Citou como exemplo que os moradores da chamada vila de Oplontis, preto de Nápoles, posuíron unha das piscinas máis grandes coñecidas no mundo romano. Alí tomaban baños ao sol da costa do Tirreno, mentres gozaban dos seus xardíns e das amplas estancias pintadas.

Día 13 de outubro, venres

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de José Alberto Moráis Morán, profesor de Historia da Arte da Universidade de León sobre "A beleza do cotián: arte e suntuosidade nas vilas romanas de Palencia".

30 de setembro

Comezamos a actividade cunha visita guiada polo complexo da Cidade da Cultura, primeiro no interior do edificio denominado “Museo”, diante das dúas maquetas que reproducen o proxecto de Peter Eisenman, pasando despois a ver as principais características do edificio fronte a estrutura da fachada interior orientada ao norte. Saímos despois ao exterior para ver os espazos axardinados nos ocos que estaban destinados a edificios que non se construíron rematando no destinado á Biblioteca e ao Arquivo.

Xa no interior visitamos as tres exposicións que están abertas, a de fotografía de Nicolas Muller, “Vento Norte”, que presenta principalmente fotografías dun alto valor etnográfico, feitas nos anos 60 do século XX, en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, como encargo para ilustrar varios libros. Tamén as hai de Portugal e Marrocos.

Día 3 de outubro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Táboa Redonda “O Seminario de Estudos Galegos en Lugo”. Coloquio sobre a pegada do Seminario de Estudos Galegos, a través do labor docente de Xosé Filgueira Valverde, Antonio Fraguas, Ricardo Carvalho Calero e Xosé Ramón Fernández-Oxea, (Ben-Cho-Shey). Participantes: María Pilar García Negro, Antonio Prado Gómez e Adolfo de Abel Vilela. Moderador, Felipe Arias Vilas.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO