Venres, 24 Novembro 2023 16:24

Viaxe a Vilanova de Lourenzá

18 de novembro

A última viaxe do ano foi a Vilanova de Lourenzá, con motivo de ser Francisco Fernández del Riego, persoeiro das Letras Galegas do ano 2023, natural desta vila. A visita estivo asistida por Justa, guía oficial do Concello, comezando ás 11 horas na praza que hai diante do edificio que foi a cámara abacial do antigo mosteiro de San Salvador, hoxe Casa do Concello, e da igrexa, onde fixo unha introdución histórica para falar de Osorio Gutiérrez, coñecido como O Conde Santo, fundador do mosteiro a mediados do século X, o seu proceso de desenvolvemento, coa integración na Congregación dos bieitos de Valladolid a principios do século XVI, e o seu declive, así como da construción da igrexa, coa súa magnífica fachada obra de Fernando de Casas Novoa, explicacións que continuaron no interior onde chama a atención a súa estrutura así como o retablo maior deseñado por Ventura Rodríguez.

Pasamos despois á sancristía para ver o magnífico relicario barroco, e a capela da Valvanera, e xa, na capela da Nosa Señora de Valdeflores, nas dependencias do antigo mosteiro, o sartego paleocristián do século V, traído polo conde da súa peregrinación a Terra Santa para o seu enterramento e o do seu fillo.

A continuación pasamos a ver o Centro de Interpretación da Faba, o produto típico destas terras da Mariña lucense, onde recibimos as explicacións da guía sobre a orixe, cultivo e comercialización desta legume.

Rematada a visita trasladámonos á parroquia de Santo Tomé para xantar no Pazo de Tovar ou Torre do Canedo, do século XVI con elementos arquitectónicos propios do século XV.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Santiago +

    Día 22, martes Conferencia de Ramón Izquierdo Peiró e Daniel Lorenzo Santos sobre a exposición das Idades do Home en Ler Máis
  • Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. +

    Día 26, sábado Viaxe a Santiago para visitar as exposicións “As Idade do Home. Hospitalitas” e “Unha vida vikinga”. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe a Monforte, visitas ao Museo de Arte Sacra das Clarisas e á Compañía. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. +

    Día 12, martes Conferencia de Luis Alonso Girgado sobre “100 anos da Revista Ronsel”. De 19,30 h. A 20 h., Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO