Domingo, 23 Xuño 2019 09:33

Viaxe pola ría de Ferrol

22 de xuño

A viaxe estivo programada para ver as pegadas da industrialización na ría de Ferrol. Comezamos a visita guiada ás 10.30 horas no Museo da Construción Naval atendidos por unha guía do establecemento que nos fixo un percorrido pola planta baixa das instalacións, onde se atopaban as antigas fraguas ou ferrarías. Ante unha maqueta na que se representa o territorio da ría foi facendo historia do proceso de industrialización que se inicio no século XVI no barrio de Esteiro e que continuo no XVIII co barrio neoclásico da Magdalena. Para defender a entrada da ría dos ataques dos ingleses, Felipe II manda construir os baluartes ou castelos de A Palma, San Felipe e San Martiño.

Pasamos despois a explicación sobre maquetas das características dunha balsa e dun barco, a súa evolución histórica, dende os primeiros tempos, de madeira e a vela ata os modernos. A característica fundamental é que un barco ten que ser habitable, unha balsa non o é. Como os barcos se construían con madeira que se conseguía nos bosques da zona, para evitar a deforestación e ao mesmo tempo a produción desta materia prima había unhas normas para reforestar tendo que plantar tres árbores por cada un que se cortaba. Un barco podía precisar de 1.500 árbores.

Despois de falar da evolución da industria naval, que comezou como un lugar de reparacións, a guía dixo que en 1941 ASTANO era unha empresa familiar con 40 traballadores. Cando pasa a titularidade pública e debido á chamada Guerra dos 6 días en xuño de 1967 entre Israel e unha coalición de países árabes, pechouse a canle de Suez, o que obrigou a construír grandes petroleiros. En 1972 botouse o Arteaga, de 325.000 toneladas, que supuxo un recorde de construción en grada, que levantou moita expectación por temor a que se partise cando entrase na auga. Seguiron despois o Al-andalus e o Santa María de 375.000 toneladas.

En relación cos barcos antigos, os construídos con madeira, o número de canóns que levaban era o que determinaba que fose un barco ou unha fragata. Era un barco si tiña máis de tres canóns. A construción comezaba pola caderna e sobre unha maqueta foi explicando a diferentes partes do barco desde a cuberta hasta a adega. Ante os restos do naufraxio da fragata Magdalena, construída en 1773 con capacidade para 750 homes, ocorrida entre os días 2 e 3 de novembro de 1810 fronte á praia de Covas (Viveiro), no que houbo 550 mortos e só 8 superviventes, puidemos apreciar o revestimento con pranchas de cobre e os parches de chumbo.

Pasamos despois á sala de Galibos onde se nos explicou como se debuxaban a escala 1:10 as diferentes partes do barco, primeiro no chan, con pantógrafo, e xa no século XX nunha máquina para facer os modelos, precursora das actuais impresoras 3D. Rematamos a visita na sala dedicada aos motores.

despois, acompañados polo enxeñeiro naval Manuel Lara Coira, presidente da Asociación Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial), desprazámonos ata o dique de marea de Cardamil, construído en 1910, que foi mercado por Ciarán de orixe irlandés, que tiña o muíño de marea do Ponto. no que se facían reparacións. Hai tamén unha pequena rampla para construción.

Despois pasamos ao barrio da Graña onde estiveron os primeiros estaleiros, nome que provén das estelas que saían da madeira coa que se facían os barcos. Aproveitamos para visitar as instalacións da Estación Biolóxica Mariña da Universidade de Santiago nas casa chamada da Estrela e do Hórreo, acompañadas pola socia e bióloga Celia Besteiro Rodríguez.

Despois de xantar trasladámonos a Xuvia en Narón para ver os edificios que foron muiños fariñeiros construídos en 1775 no río Belelle polo francés Lestache e Real Fábrica de Cobrería. O sistema de moenda producía diversos tipos de fariñas ou sémolas cun alto grao de mecanización que permitiu abastecer de fariña a Ferrol e á comarca exportando os excedentes á illa de Cuba. Despois a partir de 1791 foi unha fábrica de bisagras ou porlóns, partes de fusís, atillado de moeda e, principalmente, laminación de cobre para o revestimento dos barcos con fin de protexer a madeira da chamada broma que a deterioraba, pero despois da Guerra Peninsular ou da Independencia esmoreceu, pasando esta produción ao Arsenal, sendo subhastada polo Estado instalándose unha fábrica de tecidos de algodón para o Arsenal, seguiuse modernizando a paso a producir electricidade para a Galicia Industrial. Na outra beira está actualmente a fábrica Galicia Téxtil.

Rematamos a visita aos muíños de marea, coñecido como as Aceas do Rei, de movemento vertical, que son os máis antigos, construídos polo francés Lembeye, que non sufre a estiaxe, porque o sistema permite que teñan sempre auga embalsada.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO