8 de maio de 2018
A profesora de Historia da Arte da Universidade de Vigo no campus de Ourense, Yolanda Barriocanal López disertou sobre a achega dunha das manifestacións patrimoniais máis xenuínas da arte mudéxar: as armaduras de madeira como parte integrante do espazo arquitectónico. Dentro das escasas creacións desta arte en territorio galego, destacou un conxunto de teitumes de par e nudillo, en pequenos templos rurais, construídas na primeira metade do século XVI, con interesantes analoxías nas súas solucións, seguindo un mesmo patrón no terreo do constructivo e decorativo. Todas elas enlazan tradicións islámicas, con decoración de lazo, cun acabado polícromo a base dun rico repertorio de temas e motivos figurados baseados no mundo clásico.
A escasa pervivenza de exemplares con esta tipoloxía de cuberta e acabado decorativo subliña a importancia dos expoñentes conservados, formando, pese á súa modestia, un dos legados e capítulos máis descoñecidos da arte mudéxar en Galicia.