26 de outubro de 2021
Nesta conferencia, a terceira dedicada aos Santuarios e cruceiros da Terra Chá, o doutor Fernando Arribas Arias, especialista no patrimonio etnográfico referido aos cruceiros, cruces, petos de ánimas e esmoleiros, tratou de resolver algunhas dúbidas. A primeira é que se entende por cruceiros e cales son as partes deste monumento relixioso de carácter popular.
En segundo lugar abordou por que falamos de cruceiros galegos, se existen estes monumentos noutras partes do mundo ou é un unha construción típica da nosa terra. A resposta, dixo, é que hai cruceiros en case todas as comunidades de España, se ben hai que constatar que Galicia é o país do mundo con maior número de cruceiros que, ademais, presentan unha gran variedade tipolóxica e cronolóxica, pois existen en Galicia cruceiros que van dende o século XIV ao XXI, feito que proba que o costume de levantar cruceiros segue aínda vivo na nosa terra.
Todo isto nos leva a afirmar que os cruceiros galegos son o monumento máis representativo da nosa paisaxe, monumento que se converteu nunha icona da nosa identidade como pobo.
Día 26 de outubro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
1ª Conferencia sobre a restauración da Catedral de Santiago
Día 26 de outubro, martes
De 17,30 a 18,30 horas no Pazo das Pombas, Rúa do Miño, 9
Anotacións para a viaxe do día 27 de novembro para visitar a restauración da Catedral de Santiago.
Día 22 e 23 de outubro, venres e sábado
Viaxe ás exposicións Lux de Las Edades del Hombre
Día 22, venres
Saída ás 8,00 horas
11,30 horas
Chegada a Carrión de los Condes
Ás 12 horas
Visita á Exposición Lux de Las Edades del Hombre
14,30 horas
Saída para Villalcazar de Sirga
15 horas
Xantar en Villalcazar de Sirga
17 horas
Visita á igrexa de Santa María la Blanca
17,30 horas
Saída para Carrión de los Condes
18 horas
Visita guiada por Carrión
20,30 horas
Aloxamento no Hotel Real Monasterio de San Zoilo ****
21,30 horas
Cea en San Zoilo
Día 23, sábado
A partir das 8 horas
Almorzo
9,45 horas
Saída para La Tejada (Quintanilla de la Cueza)
10,30 horas
Visita á Vila tardo romana de La Tejada
11,30 horas
Saída para Sahagún
12,30horas
Visita á Exposición Lux de Las Edades del Hombre
15 horas
Xantar
17 horas
Saída para Lugo
20 horas
Chegada a Lugo
20 de outubro de 2021
A segunda conferencia previa á viaxe a Carrión de los Condes e Sahagún, foi impartida por Francisco Singul Lorenzo, doutor en Historia da Arte e xefe da Área de Cultura Xacobea da Xunta de Galicia, experto internacional nas rutas xacobeas, que falou do Camiño por estas terras que xa no século IX eran territorio cristián, por onde pasaba o Camiño Francés, e dos monumentos máis importantes deste tramo, que tamén servía para o comercio, dotado de infraestruturas como pontes, hospitais e novas poboacións.
Referíndose á paisaxe dixo que no século XII sería semellante a actual, como di o Códice Calixtino no libro V sobre Carrión que era unha vila próspera, abondosa en pan, viño, carnes e Sahagún en toda clase de bens, pero despoboada de árbores e chea de homes malos. Neste territorio establecéronse tamén as ordes militares, a dos templarios, dedicados máis ao auxilio aos peregrinos, e os santiaguistas, máis militares.
Dixo que a monarquía de Castela, presidida por Afonso VI, escenificou unha alianza con monxes de Cluny, sendo importante no señorío das terras para poñelas en explotación rendible con novos métodos de cultivo e arados máis modernos, utilizando para iso servos mozárabes.
1 de outubro de 2021
Foi esta a primeira conferencia preparatoria da viaxe a Carrión de los Condes e Sahagún para ver a exposición Lux de Las Edades del Hombre. O profesor Valdés, que xa participara no ciclo que dedicamos a Arte Mudéxar no ano 2018, nesta ocasión centrou a súa disertación en Sahagún, vila na que Afonso VI mandou fundar un mosteiro cara a o ano 1085, con quince frades que viñeron de Cluny, nun territorio que chegaba ao Mar Cantábrico, de terras chairas e fértiles do vello reino de León, regadas polo río Tea con muiños, campos con ovellas, pombais, hortas, cultivos de pan, e en ocasión de viño, cuxo consumo era sinal dunha deficiente alimentación, a onde foron e asentaron moitos mozárabes para repoboalas e poñelas en produción, colonos que facían as súas casas cos ladrillos que producían as fábricas do poderoso mosteiro, situado no territorio dos Domnos Sanctos Facundo e Primitivo. Dese mosteiro hoxe só quedan a portada monumental a través da que pasa unha estrada como se fose un arco de trunfo, á beira do convento das bieitas que entre os tesouros artísticos que garda está unha custodia elaborada polo célebre ourive Juan de Arfe e Villafañe.
Día 19 de outubro, mates
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Francisco Singul, “O Camiño de Santiago por Carrión e Sahagún”
Preme en Ler Máis para ver o programa completo da viaxe de Las Edades del Hombre.
14 de setembro de 2021
A segunda conferencia dedicada aos cruceiros e santuarios da Terra Cha, foi impartida polo doutor José Manuel Blanco Prado, que comezou sinalando que unha das manifestacións básicas da relixiosidade popular radica nos santuarios. Para comprender a dinámica dos Santuarios precisou os trazos máis salientables do que entendementos por relixiosidade popular, que algúns pensadores danlle o nome de Catolicismo popular, relixiosidade tradicional, piedade popular, relixiosidade local etc., que se caracteriza pola concreción e sensibilidade fronte á racionalidade; no seu carácter utilitario ou pragmático, pois hai un mutuo intercambio de favores; polo seu profundo contido ritualista e simbolista; na coexistencia de actitudes máxicas con actitudes relixiosas; pola identidade e visión cósmica, no sentido de que unha boa parte do calendario festivo pre-cristián sobrevive, disfrazado ou transformado nas festas do calendario do ano litúrxico.
Os santuarios son lugares de culto, simbolizados por unha capela, ermida ou igrexa parroquial, aos que acoden devotos de diferentes freguesías segundo o seu territorio de gracia para pregar da entidade sacra a súa intercesión ante pedimentos de índole material e realizar unha serie de rituais e ofrendas ou promesas logo de que a entidade sacra lles concedeu as rogaivas requeridas.
Día 2 de outubro, sábado
Viaxe á Terra Cha, roteiro dos Cruceiros e dos Cemiterios.
Saída ás 9 horas