Día 25, sábado
Roteiro pola obra de Asorey en Lugo: Cemiterio de San Froilán, Parque de Rosalía de Castro, Museo Provincial e Hospital de Santa María. Lugar de encontro, ás 9,30 h. diante do Instituto Lvcvs Avgvsti (Masculino).
Os que non queiran ir poden estar ás 11 no Parque, xunto ao monumento a Ángel López Pérez, ou ás 12 h. no Museo Provincial.
10 de maio
Con motivo do Día das artes galegas, que se celebrou o día 1 de abril, dedicado ao escultor Francisco Asorey, Lugo Patrimonio programou dúas actividades, unha conferencia sobre o agasallado que impartiu a doutora Maribel Iglesias Baldonedo, e un roteiro para ver as catro esculturas que hai en Lugo, dúas en madeira, unha en pedra e outra en mármore, e un monumento.
A profesora comezou encadrando ao escultor na época do primeiro cuarto do século XX, na xeración Nós, cando se constitúen as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos, onde aparecen as ideas que levaran ao mundo político, co nacionalismo, e a elaboración e aprobación dun Estatuto de autonomía, una xeración distinta da de mediados do século XIX, que bota en falta as artes medievais.
5 ao 8 de maio
Dentro do ciclo dedicado ao Historicismo, un lugar obrigado de visitar como complemento das conferencias previas sobre o tema, era Sintra, declarado Patrimonio da Humanidade en 1995 por ter este tipo de arquitectura. Un grupo de vinte e seis socios tivemos a oportunidade de ver algúns dos edificios máis notables que se poden visitar.
O primeiro día non axudou o tempo facendo a viaxe con abundante auga parando en Santa María da Feira, para ver o castelo, un exemplo da arquitectura militar portuguesa, que foi reconstruído en estilo, e polo mesmo tamén de arquitectura neomedieval. Vimos a capela da Nosa Señora da Encarnación, e despois asistimos á proxección dun vídeo de dez minutos explicando a súa historia.
Día 10 de maio, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre “Francisco Asorey, escultor galego”.
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre e Narla, 40 €, e para a viaxe a Mérida entre os días 16 ao 22 de setembro, tres días en función do prezo dos hoteis. O prezo desta viaxe aínda non se sabe.
Día 10 de maio, venres
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre e Narla, 40 €, e para a viaxe a Mérida entre os días 16 ao 22 de setembro, tres días en función do prezo dos hoteis. O prezo desta viaxe aínda non se sabe.
MAIO
Días 5 ao 8
Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h.