Artigos filtrados por data: Febreiro 2020

1 de febreiro

A primeira para fixémola en Padrón, o lugar lendario onde arribou a barca de pedra que desde Palestina trouxo o corpo de Santiago. Alí visitamos o conxunto do santuario de Santiaguiño do Monte (s. XV – XIX), onde, segundo a lenda, ía rezar o apóstolo despois de predicar.

Pasamos a Rianxo facendo a primeira visita guiada ao Museo do Mar instalado na chamada Casa do Coxo. Na sala do primeiro andar explicáronnos como se pescaba a sardiña ao xeito, así como os distintos tipos de embarcacións reproducidas en maquetas, como era o seu proceso construtivo, o deseño, as ferramentas que empregaban e os distintos sistemas de propulsión, estando tamén a trainera.

Como nese día coincidiu a ofrenda floral a Castelao con motivo do aniversario do seu nacemento. Participamos no acto despois de saír do Museo, nun día de choiva e pasamos despois ao Concello onde houbo unha homenaxe organizada pola Fundación Castelao na que interviñeron o alcalde e o presidente da referida fundación, rematando coa actuación dun grupo folclórico que cantou, entre outras composición, “A Rianxeira”.

11 de febreiro de 2020

Dentro do ciclo dedicado a Ricardo Carballo Calero a profesora Pilar García Negro falou no salón do Vello Cárcere do mellor polígrafo da segunda metade do século XX, segundo afirmou a conferenciante ao inicio da súa intervención, na que mesturou biografía e bibliografía, ambas dúas relacionadas moi estritamente.

Comezou facendo un marco histórico poñendo o foco e acontecementos decisivos: I Guerra Mundial, os estertores da Restauración, ditadura de Primo de Rivera, dita blanda do xeneral Berenguer, II República, alzamento militar de 1936, ditadura de Franco, monarquía parlamentaria, constitución e Estatuto de autonomía de Galicia.

Ricardo Carballo Calero naceu no Ferrol o 30 de outubro de 1910 no seo dunha familia cunha posición social e económica boa. Nun do seu escritos dicía que el tiña un pacto con Deus de xeito que non morrería ninguén da súa familia, pero morreulle un irmán pequeno e cando tiña oito anos a súa nai na primavera de 1919 a consecuencia da epidemia de gripe de 1918. A partir dese momento foi coidado pola avoa e una irmá da súa nai. O pai entra en melancolía e mingua a economía da familia.

Día 11 de febreiro, martes

ás 20 horas

No Vello Cárcere

Conferencia de Pilar García Negro sobre "Carballo Calero e a lingua galega".

Sábado, 01 Febreiro 2020 08:00

Viaxe a Rianxo

Día 1 de febreiro, sábado.

Saída ás 8,00 horas

Viaxe a Rianxo acompañados de Felipe Senén para visitar os museos de Castelao, Manoel Antonio e Rafael Dieste.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Rianxo +

    Día 1 de febreiro, sábado. Saída ás 8,00 horas Viaxe a Rianxo acompañados de Felipe Senén para visitar os museos Ler Máis
  • Conferencia de Pilar García Negro sobre "Carballo Calero e a lingua galega". +

    Día 11 de febreiro, martes ás 20 horas No Vello Cárcere Conferencia de Pilar García Negro sobre "Carballo Calero e Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO