22 de setembro de 2018
Para contextualizar a conferencia de Javier Raposo Martínez dedicada a o xardin no pazo galego, viaxamos o 22 de setembro con el para ver os pazos de Rubiáns, Lourizán e Faramello.
Chegamos a Vilagarcia de Arousa e para aproveitar o tempo vimos a igrexa de Santa Baia de Arealonga, unha xoia do barroco galego do século XVII.
As 12 horas visitamos o pazo de Rubiáns que desde o punto de vista arquitectónico e un petit chateau francés. Durante máis dunha hora fixemos un percorrido polas diversas partes do xardín, comezando polo francés para ver a topiaria nos parterres de buxo que se atopa na fronte da fachada principal, o estanque das ras con nenúfares, as pérgolas, o hórreo, as camelias de orixe portugués, rematando na parte alta onde comeza o viñedo en espaldeira de albariño. Rematado o paseo polos xardíns vimos o interior e a capela, rematando cunha cata do viño que se elabora na finca.
Despois de xantar en Pontevedra, desprazámonos á parroquia de Santo André de Lourizán para ver o pazo ecléctico de fin do século XIX deseñado polo arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez por encargo de Francisco Genaro Ángel, pasando despois ao seu cuñado o comerciante catalán afincado en Vivo, Buenaventura Marcó del Pont. Despois foi a residencia de verán do político Eugenio Montero Ríos.
O último pazo visitado foi o do Faramello, no concello de Rois, fundado polo marqués de Piombino. Fomos recibidos e acompañados na visita polo propietario Gonzalo Rivero de Aguilar percorrendo todas as partes dos xardíns, unha parte debaixo do pazo de estilo francés construído sobre a terraza da fábrica de papel, e polo bosque, así como o novo Xardín do Recordo, en memoria das víctimas do accidente de Angrois, onde os familiares e amigo plantaron unha árbore. Tamén vimos o interior rematando a visita cunha cata de viño albariño.