Os conferenciantes serán os seguintes:
Día 16 de xaneiro, conferencia de Xosé Manuel González Reboredo, etnógrafo, sobre "Un patrimonio etnográfico importante: os oficios ambulantes en Galicia e terras veciñas do noroeste" e o 20 de novembro, Conferencia de Concha Losada e José Manuel González Reboredo, "40 anos do Museo do Pobo Galego".
Días 9e 23 de febreiro e 9 de marzo, talleres de viaxes dirixido por Lois Diéguez sobre "Lugares do mundo para acender os sentidos".
Dentro do Ciclo o Mudéxar, o 10 de abril, conferencia de Carlos Andrés González Paz, Técnico Superior de Actividades Técnicas e Profesionais do CSIC no Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos, "A pegada musulmán na Galicia medieval”. O día 24 de abril, conferencia de Manuel Valdés Fernández, profesor emérito de Historia da Arte na Universidade de León, "A arquitectura mudéxar en Castela".
O día 8 de maio, conferencia de Yolanda Barriocanal López, profesora titular de Historia da Arte na Universidade de Vigo, "Cubrir a arquitectura. Tradición clásica e mudexarismo nalgúns exemplos de armaduras de madeira".
No ciclo dedicado aos Pazos, intervirán o día 5 de xuño e o 4 de setembro, Javier Raposo Martínez, licenciado en Xeografía e Historia, que falará de "O caracter primixenio ou definitorio do pazo", e "O xardín no pazo galego ¿Francés, inglés ou portugués?". O día 19 de xuño, conferencia de Felipe Senén López, museólogo. "Mobiliario nos Pazos Galegos, atinos e destatinos". O 3 de xullo, conferencia de Adolfo de Abel Vilela, historiador. "Tres familias e tres pazos urbanos de Lugo: Orbán, Gaioso e Prado" e o 25 de setembro conferencia de Lois Diéguez sobre "O pazo galego na Literatura".
Para conmemorar os 100 anos do Manifesto de Lugo das Irmandades da Fala, o día 16 de outubro, conferencia de Xusto Beramendi González, profesor da USC, "As Irmandades da Fala: un punto de inflexión na historia de Galicia" e o 6 de novembro, conferencia de Aurora Marco López sobre, "A presenza feminina nas Irmandades da Fala".
As viaxes que acompañan estas conferencias serán o 20 de xaneiro a Ourense para visitar á Casa das Rodas do escultor Florencio de Arboiro e a exposición In tempore sueborum. O 24 de febreiro a Ponteceso, para ver o dolmen de Dombate, a casa de Eduardo Pondal e o castelo de Vimianzo. Do 17 ao 20 de maio, viaxe a Teruel, para ver arquitectura mudéxar, visitando o Real Monasterio de Santa Clara en Tordesillas, Molina de Aragón, Teruel, Albarracin e Guadalajara. O día 23 de xuño viaxe polas mariñas coruñesas visitando o Pazo de Mariñán. O 7 de xullo viaxe a Vigo para ver o Pazo-Museo de Castrelos de Vigo e outros do entorno. O día 22 de setembro visita aos pazos do Faramello, Rubianes e Lourizán. Os días 27 e 28 de outubro, viaxe a Aguilar de Campoo para ver a exposición de Las Edades del Hombre, Mons Dei e Palencia. O 24 de novembro, viaxe a Santiago de Compostela para a vista homenaxe ao Museo do Pobo Galego unha vez cumpridos os seus 40 anos de vida.
Rematada a Asemblea os asistentes trasladáronse á Catedral para visitar as novas instalación do Museo nunha visita guiada por Carolina Casal Chico, membro da directiva da Asociación.
A partir das 14 horas participaron nun xantar na Fortaleza que foi amenizado polo humorista Manuel Ánxo Lamelo e tres catareiras de Cántigas e Frores.