Domingo, 17 Setembro 2017 18:38

CICLO INDIANOS: VIAXE A RIBADEO, FIGUERAS E CASTROPOL

SOCIEDAD HABANERA DE LA DEVESA 16-09-2017 SOCIEDAD HABANERA DE LA DEVESA 16-09-2017

16 de setembro de 2017

A última viaxe do Ciclo dedicado aos Indianos, foi a Ribadeo e ás localidades da súa ría, Figueras e Castropol. Comezou a xornada na Devesa onde ao longo da estrada se poden ver numerosas casas de indianos, sendo unha delas a da Sociedad de Instrucción y Recrero, Círculo Habanero de la Devesa, que visitaron sendo recibidos polo presidente Manuel Fernández Fra. O edificio principal alberga o teatro na planta baixa e o local social, coa biblioteca na primeira, conservando algunha das mesas de xogo antigas. Na parte posterior do edificio hai dous edificios que estiveron destinados a escola de nenas e nenos, con escusado no medio.

Nesta viaxe estivemos acompañados do José María Lombardero, autor de varias publicacións sobre os indianos na zona. Pasamos despois a visitar o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal "Pedro Murias", antiga Escola Agraria da Fundación Pedro Murías, dependente desde 1993 da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia percorrendo as instalacións acompaño do director José López Fernández. Alí vimos unha peza histórica relacionada coa perda de Cuba, a bandeira española arriada no Real Arsenal da Habana o 1 de febreiro de 1898, que foi entregada polo Exército español a Pedro Murias.

En Ribadeo fixemos un percorrido polo casco histórico comezando pola avenida de América onde hai notables edificios indianos de arquitectura Art Noveau, Rexionalista e Art Déco, pasando polo Mercado de Abastos, a capela da Venerable Orde Terceira mandada facer por dona Corona González para memoria do seu esposo Ramón González en 1931, un interesante exemplo de arquitectura funeraria Art Déco, rematando na praza do Concello co emblemático edificio Torre de los Morenos.

Despois pasamos a Asturias para xantar en Figueras no restaurante Peñalba, visitando despois a vila indiana, Palacete Peñalba, dedicadas hoxe a hoteis, un conxunto de dous edificios Art Noveau proxectados en 1912 por un arquitecto discípulo de Gaudi que visitamos tanto polo interior como polo exterior co xardín con especies exóticas, por xentileza do propietario Avelino Gutiérrez.

No peirao embarcamos para dar unha volta pola ría e desembarcar en Castropol. Percorremos o casco antigo e visitamos o notable edificio do Casino, hoxe Casa da Cultura, acompañados dun concelleiro que nos mostrou o teatro que se conserva coa decoración orixinal modernista. Rematada a visita regresamos a Lugo.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Santiago de Compostela +

    Día 30 de setembro, sábado Saída ás 9,00 h. Viaxe a Santiago de Compostela, visitas ao Museo Pedagóxico de Galicia Ler Máis
  • Táboa Redonda “O Seminario de Estudos Galegos en Lugo”. +

    Día 3 de outubro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Táboa Redonda “O Seminario de Estudos Ler Máis
  • Conferencia de José Alberto Moráis Morán sobre "A beleza do cotián: arte e suntuosidade nas vilas romanas de Palencia". +

    Día 13 de outubro, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de José Alberto Moráis Morán, Ler Máis
  • Viaxe para ver a Vila romana de La Olmeda e o Museo de Saldaña, Astudillo e San Hipólito el Real +

    Día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo Viaxe para ver a Vila romana de La Olmeda e o Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO