O día 7, de xullo celebrouese no salón de actos da Deputación Provincial, a terceira conferencia do Ciclo dedicado ao Camiño Primitivo que estivo a cargo de Laureano García Díez, coordenador das Agrupacións de Asociacións dos Camiños do Norte.
Fixo a presentación o presidente Adolfo de Abel Vilela, que destacou como había vintecinco anos que García Díez empezara en Tineo coa Asociación Astur-galaica del interior, para promover esta rota, hoxe declarada Patrimonio da Humanidade. Preside tamén a Agrupación de Asociaciones del Camino del Norte, País Vasco, Cantabria, Asturias y Galicia, que agrupa a vintetrés asociacións.
Comezou facendo unha breve introdución sobre a invención do sepulcro do Apóstolo e o feito de que o Camiño Primitivo fose a primeira rota xacobea, relacionada coa catedral do Salvador de Oviedo e con Afonso II, o primeiro rei que peregrinou a Santiago. Despois foi comentando as distintas etapas, sete, nas que se pode facer o camiño de Oviedo a Melide, lugar onde se xuntan todos os camiños que van a Compostela, mencionando capelas, mosteiros e hospitais.