Abril
Do 2 ao 5 (Semana Santa): Viaxe ao Portugal do Minho e ás cidades e arredores de Braga, Barcelos e Guimaraens (Patrimonio da Humanidade), onde veremos desde paisaxes encantadas, artistas populares do barro, monumentos que construíron a Galiza e o Portugal do Afonso Henriques ou feiras que manteñen o seu carácter popular e artesán. Atenderemos con interese dúas xoias destas terras: o mundo castrexo representado pola Citania de Briteiros; e o rito tan sonado da Semana Santa de Braga.
Anotacións até o día 12 de marzo chamando ao tfne. 676 800 227.
Esta viaxe terá un custo aproximado de arredor de 300 euros (incluíndo todo menos ceas) e farase se hai un mínimo de 16 persoas, sexan asociados-as ou non. A partir do 12 de marzo darase o programa detallado e prezo definitivo, en caso de ir.Según o vaides decidindo chamade, pois se podemos adiantar a data de notificación mellor, por causa das reservas do hotel.
Día 15, mércores: Conferencia da profesora Celia Armas García sobre "Mulleres na cultura do s. XIX galego".
Ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
Maio
Día 5, martes: Conferencia da profesora da Universidade da Coruña, Carme Fernández Pérezsanjulián sobre "Literatura galega do s. XIX, entrando no XX".
Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
De 19,15 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe á Illa de Ons e tamén para a de Coruña (Exposición de Picasso e Castro de Elviña).
Día 16 de maio, sábado: Viaxe á cidade da Coruña onde pasaremos o día para ver a Exposición de Picasso e o Castro de Elviña, tendo como guía a Felipe-Senén López.
Saída ás 8,00 h.
(Estaba programada a Vilanova dos Infantes á Romaría Etnográfica Raigame, pero esta suspendeuse polo asasinato do párroco e roubo da figuriña da Virxe de Cristal, outra xoia do noso patrimonio).
Xuño
Día 3 de xuño, mércores: conferencia do arqueólogo e museólogo Felipe-Senén López, sobre Arquitectos e escultores do s. XIX, entrando no XX.
Será ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.
De 19 a 20 h. e no mesmo lugar, anotacións para a viaxe con Felipe-Senén polas terras do Porriño, Panxón, etc. (día 4 de xullo).
Día 13 e 14 de xuño: Viaxe á Illa de Ons: consiste en pasar os dous días nas praias de Ons, con paseos a última hora da tarde e primeira da maña, pola fresca, para visitar lugares emblemáticos como a Cova do Inferno ou o cume do monte Centolo, furnas, castros, fauna da illa... O sábado ao solpor, gozaremos da posta do sol.
Saída do lugar habitual ás 7,30 h.
Xullo
Día 4 de xullo, sábado: viaxe con Felipe-Senén López ás terras do Porriño, Panxón, Baiona, Santa Tegra ou Tui, tras as pegadas de arquitectos como Antonio Palacios e escultores como Francisco Asorey.
Lugo, Abril do 2015
A Xunta Directiva