A Asociación Veciñal de Salcedo, despois da proposta que se lle fixo ao Museo Internacional do Entroido e da Máscara de Binche (Bélxica), foi invitada a viaxar até o Museo para facer entrega do disfrace do Oso de Salcedo e así formar parte das súas colecións e exposicións de maneira permanente.
A viaxe realizámola, en representación da Asociación Veciñal de Salcedo, o Presidente da mesma (Felipe Castro) e o Concelleiro de Cultura do concello da Pobra do Brollón (Javier González) partindo, acompañados do disfrace do Oso de salcedo, o 26 de febrero de 2008 e regresando o sábado 1 de marzo, pasando a relacionar o calendario de actividades desenvolvido en Binche:
- Martes 26:
- Viaxe Salcedo-Santiago-Madrid-Bruselas.
- Reunión no aeroporto con Yvón e Ange Marie Dupouy.
- Traslado á Vila de Binche, acompañados da Directora do Museo, que foi quen nos recibíu e recolleu no aeroporto.
- Instalación na casa de invitados do Museo de Binche.
- Mércores 27:
- Visita guiada ao Museo Internacional do Entroido e da Máscara de Binche.
- Visita turística pola comarca, acompañados da Directora do Museo.
- Xoves 28:
- Preparación do acto oficial da entrega do disfrace do Oso de Salcedo e preparación do disfrace.
- Venres 29:
- Exposición sobre os diferentes Osos do Entroido europeo a cargo de Yvón e Ange Marie Dupouy, estudosos dos entroidos e mascaradas europeas.
- Exposición sobre o Entroido salcedao e o Oso de Salcedo a cargo de Felipe Castro, Presidente da Asociación Veciñal de Salcedo.
Grazas á nosa visita, tivemos a oportunidade de comprobar a verdadeira dimensión deste museo, comprobando que é o museo máis importante do mundo con respecto a esta temática, reunindo máis de 30.000 pezas, unha superficie de exposición permanente que supera os 300 m2, onde traballan 25 persoas e para o cal está prevista unha ampliación importante por falla de espazo.
Dicir por último que este museo, xunto coas súas colecións, está declarado Patrimonio da Humanidade e que, polo tanto, o noso Oso tamén forma parte dese patrimonio, cousa que para nós é un grandísimo orgullo porque, xunto con él, está representado o pobo de Salcedo e as súas xentes.