Domingo, 17 Decembro 2006 21:49

Viaxe a Meira


IGREXA DE SANTA MARÍA DE MEIRA

Mosteiro cisterciense (fundado no 1143).
A igrexa xa é protogótica (1190-1225?), como o confirman as súas altas bóvedas, central e transversal; os arcos apuntados e as xanelas xa de máis luz.
Foi consagrada en 1258.

Planta de cruz latina.
Nela resaltan: as tres naves, a nave transversal e a cabeceira absidal con 4 capelas rectangulares e a Maior.
Capela Maior: Treito recto, bóveda de canón. Treito semicircular e semicúpula.
Sala con cúpula estrelada, feita en 1586 nun treito do claustro, do que só existe esta parte.
Sacristía engadida en má fortuna.

San Bernardo (1091-1153)
As súas normas están reflectidas no monumento, como a súa finalidade e función, ou a pobreza decorativa. Rexeita o superfluo. A decoración non debe server para admirar, senón para meditar.
A decoración só aparece en: capiteis, canzorros ou modillóns e arquivoltas.
Hai tres clases de capiteis: xeométrico-vexetais e de entrelazos perolados, de follas sinxelas e outros case lisos na súa totalidade.
Nos modillóns: os absidais son de grande riqueza decorativa. Parecen un desafío aos mandados de San Bernardo.
Os outros, pouco ou case nada decorados.
Nas arquivoltas: moi sinxelas, tipo xeométrico-vexetal.

Fachadas
Sur (no muro da nave transversal): A Porta na parte alta comunicaba coa residencia monacal. A Porta baixa era a entrada dos monxes desde o claustro. A espadana é de traza románica, pero posterior.
Norte: no muro da nave transversal, porta e torre.
Principal: grandiosa porta de sinxela decoración nas catro arquivoltas, tres delas sostidas por outros tantos pares de columnas acodilladas e a outra polo mesmo muro.
Consérvanse as ferraxes orixinais.
Sobre a porta, fermoso rosetón.
No flanco dereito, sinxela torre.

Retablos
Ten dous importantes retablos: o Principal, neoclásico, con escena da Asunción de María, e o lateral (s. XVII) (lactancia).

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Outeiro de Rei para visitar a fábrica hidroeléctrica do Piago +

    Día 19 de outubro, sábado ás 10 horas Viaxe a Outeiro de Rei para visitar a fábrica hidroeléctrica do Piago.   Ler Máis
  • Viaxe a Lerma (Burgos) para visitar a exposición de Las Edades del Hombre e Peñafiel (Valladolid) +

    Días 26 e 27 de outubro ás 7 horas Viaxe a Lerma (Burgos) para visitar a exposición de Las Edades Ler Máis
  • Anotacións para: Viaxe do día 16 de novembro ao conxunto do poboado e mina de Fontao e Festa dos socios. +

    Día 5 de novembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Encarna Otero, licenciada en Ler Máis
  • Conferencia de Encarna Otero, licenciada en Xeografía e Historia, “As minas de wolframio e o poboado de Fontao”. +

    Día 5 de novembro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Encarna Otero, licenciada en Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO