Mércores, 21 Agosto 2013 07:47

PROGRAMA DA VIAXE A BURGOS


Información máis detallada das visitas no seguinte documento:

Venres, 05 Xullo 2013 00:00

Viaxe (sorpresa) a León


Martes, 09 Xullo 2013 20:18

Viaxe á Illa de Ons


As asociacións Lugo Patrimonio, Cultura do País e Mariña Patrimonio a vista da información facilitada polo Ministerio de Fomento, deducen que lonxe de tomar as medidas necesarias para a  protección e conservación do importantísimo conxunto arqueolóxico do castro Valente, que a súa intención é a destrucción da necrópole de finais da Idade do Bronce.

Esta dedución ben avalada polo feito de que antes de  rematar a prospección arqueolóxica e de elaborar os preceptivos informes necesarios para avaliar a importancia do descuberto, ten tomada a decisión, non para respectalo e conservalo, senón para destruílo coa complicidade da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, que neste caso actúa cun silencio incomprensible nunha Administración que por lei ten a obriga de amparar a conservación dun  patrimonio  milenario e común.

Tendo en conta que entre os obxectivos fundamentais das nosas asociacións está a defensa do Patrimonio, facemos un chamamentos as institucións galegas da cultura, á fiscalía de patrimonio e aos cidadáns que comparten o mesmo interese, que apoien as accións que fagan posible a conservación deste complexo arqueolóxico único, e que en calquera país civilizado e cun mínimo de sensibilidade, protexería, conservaría e daría a coñecer.

Por último lamentamos que unhas administracións públicas que deberían ser exquisitas no cumprimento da lexislación en materia de conservación do Patrimonio, se mostren insensibles diante de casos tan escandalosos como o do castro Valente.

En nome das Asociaciñons que asinan o escrito:

Lois Diéguez, presidente de LugoPatrimonio

Lugo, a 8 de xuño do 2013

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO