O pasado luns reuníronse en Compostela dous membros do Foro do Camiño Primitivo (Ricardo Polín e Quique Riobó) co Subdirector Xeral de Protección do Patrimonio Cultural e mais o arquitecto Ignacio Cerrada. Reproducimos aquí os aspectos tratados nesa xuntanza:

- Reunión en ambiente cordial, receptivo e distendido. Asiste o Subdirector Xeral de Protección do Patrimonio Cultural e mais o arquitecto Ignacio Cerrada, membro deste gabinete desque entrou a administración PP, presente na preparación dos expedientes de delimitación e tamén membro do Comité Asesor do Camiño de Santiago. Quique e Ricardo pola nosa parte.
- O Subdirector acredita coñecer os detalles do recurso e demandas do Foro do Camiño, o momento procesal no que se encontra, que lles foi requerida diversa documentación, etc.
- Manifesta ter unha posición colaboradora para tentar solucionar algo que se lles foi das maos, un problema herdado da equipa anterior dirixida por Pichel e María Diz, e que é consciente de ter recorridas todas as delimitacións oficiais.
- Afirma ser coñecedor de que o noso recurso polo Camiño Primitivo vai en sentido totalmente contrario ás reclamacións efectuadas no Camiño Norte da Costa: valora que nós apostemos pola historicidade e autenticidade sen intereses particulares ou especulativos, fronte ás posturas interesadas no caso de Baamonde, Friol, Guitiriz...
- Neste sentido, ambos admiten ter dado instrucións nada máis chegar para correxir unha filosofía previa que non valorou suficientemente a historicidade do Camiño, nin o seu tratamento cultural, polo cal o Camiño Primitivo e Francés pagaron o feito de estar xa delimitados con criterios deficientes cando eles chegaron á administración. Tentan que as delimitacións que faltan non caian nese erro.

     Recollen os lugares de Tesalónica, Anfipolis, Filipus, Ouranopolis, cruceiro polo Monte Athos, Tesalónica, Eges-Vergina, Calambaca-Meteora, Termópilas, Monte Parnaso, e os camiños que levan a cada lugar.


Para o sábado, 3 de maio, faremos viaxe a Laza (Ourense), para asistir ás famosas e orixinais representación teatrais dos Maios, incluídos na Festa do Cristo onde se fan unhas actuacións moi orixinais con personaxes como Eva, Adán, Abrahan, Isaac, Anxo, etc., do que podedes ter unha idea xeral no enderezo da internet: http://www.teatroengalicia.es/laza.htm.

Adán e Eva  en 1958O programa aínda no saíu, pero vén sendo como outros anos, deste xeito:

11 h.: Saída de Eva xunto con Adán, Abrahan, Isaac, Anxo, Ramo co Galo e toda a procesión na Praza da Picota de Laza.
. Procesión, Sacrificio de Isaac, Danza, Loita de Mouros e Cristiáns.


14, 30 h.: xantar


17 h.: Baile de Eva cos danzantres e Adán.



Tedes que anotarvos na Galería Sargadelos o próximo luns día 28 de abril, de 19 a 20 h.

 Xa vos concretaremos a hora de saída do día 3 de maio, que será cedo para estar alí en Laza ás 10,30 h.

mollámonos polo río

LugoPatrimonio apoia á Plataforma Sarriana polo Río nas súas propostas alternativas ao actual plan de encanamento do río Sarria.

A política de feitos consumados, cunha intervención que destrúe patrimonio natural e cultural non é a solución ao problema das enchentes, como se pode ler no proxecto da obra xa en execución. Segundo podemos ler no manifesto da plataforma sarraiana polo río, esta obra, entre outras cousas, eliminará "casi por completo o corazón do patrimonio cultural, histórico, ambiental e paisaxístico da parte baixa de Sarria. A centenaria ponte do Toleiro e a ponte da rúa Calvo Sotelo (s.XIX) serán derrubados. Tamén un estribo medieval da ponte chamado “Ponte Ribeira” próximo ó paseo do Malecón e xusto no Camiño de Santiago será eliminado, así como casi todo vestixio do antigo muíño do Toleiro: presa, caz e illa para o desvío da agua. Tamén a parte da illa tocante á socaz do muíño será profundamente alterada, cambiando a súa elevación sobre o río."

Máis información da Plataforma nos seguintes enlaces:

Web da Plataforma Sarriana polo Río: http://www.plataformariosarria.org/gl/

Canal en Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC84h_ZkVz8oezmAaz5Hy4pQ

Facebook da plataforma: https://www.facebook.com/salvemosoriosarria

Petición en Change.org dirixida á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que reconsidere o plan.


Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Sintra +

    MAIO Días 5 ao 8 Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h. Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre, Narla e a viaxe a Mérida +

    Día 10 de maio, venres Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre o escultor Francisco Asorey +

    Día 10 de maio, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO