Día 25 de febreiro, sábado
Viaxe a Vilanova de Lourenzá.
Saída ás 9 horas
14 de febreiro
O doutor en Historia Contemporánea e profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica, falou sobre Francisco Fernández del Riego, persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, facendo na súa disertación unha aproximación a unha figura notable da nosa historia en clave republicana e nacionalista.
Naceu Francisco Fernández del Riego en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913, nunha familia numerosa de clase media, seu pai estivera emigrado en Cuba e tiña unha tenda de tecidos. Fixo os primeiros estudos na súa vila natal pasando en 1927 a facer o bacharelato ao Colexio dos Escolapios de Monforte, onde xa publica os primeiros artigos sendo na súa traxectoria un escritor prolífico.
Anque quería estudiar Filosofía e Letras, en 1929 pasou a estudiar Dereito na Universidade Central de Madrid na época da chamada ditablanda do xeneral Dámaso Berenguer, onde coñece a varios compañeiros cos que desenvolverá a dinámica política en Galicia. Frecuenta a biblioteca do Ateneo e lee varias das obras de Vicente Risco, especialmente El problema político de Galicia e a Teoría del nacionalismo gallego, que foi divulgado no xornal A Nosa Terra.
Día 14 de febreiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Uxío Breogán Diéguez Cequiel sobre "Francisco Fernández del Riego. Vida e compromiso dun galeguista (1913-2010)" persoeiro do Día das Letras Galegas
Día 14 de febreiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19, 30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe do día 25 de xaneiro a Vilanova de Lourenzá
28 de xaneiro
Esta viaxe foi complemento da conferencia impartida o día 24 por Carmen Salinero Corral, directora do Centro Fitopatolóxico de Areeiro dependente da Deputación Provincial de Pontevedra creado en 1981 coa finalidade de prestar asesoramento aos labregos no relativo ás pragas e enfermidades que afectan a determinados árbores e cultivos, así como a análise de solos para facer as correccións axeitadas a cada cultivo. A este asesoramento engadíronse as seccións de cultivos froiteiros, ornamentais e laboratorio de loia biolóxica.
A visita, que comezou ás 10,30 horas e estivo centrada exclusivamente nas camelias, iniciouse tomando un té verde producido na finca a partir da Camellia sinensis, explicando a directora a forma de facelo, como o tempo que debe ter a folla, no máis dun ano, temperatura á que debe estar a auga, 70 º, desbotar o primeiro té, e tomar os seguintes, ata cinco, sendo os últimos os mellores. Tamén comprobamos o efecto sobre a pel do aceite que se obtén da camelia.