Día 24 de xuño, sábado
Viaxe a Luarca.
Saída ás 8 horas.
Día 6 de xuño, martes
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 17 de xuño, sábado, a Luarca e do 17 e 18 de xullo á Asturias indiana.
Día 6 de xuño, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Xoan Carmona, profesor do departamento de Economía Aplicada da USC, "Os indianos e a cuestión económica e industrial na Galicia do XIX".
Día 14, 15, 16 e 17 de maio
Viaxe a Úbeda e Baeza.
Saída ás 7 horas.
CICLO INDIANOS
Día 12 de maio, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Pilar Cagiao, profesora de Historia Moderna e de Ámerica da USC,
"A emigración galega a América. Os indianos".
O conferenciante sinalou que a actividade escultórica e retablística durante o s.XVI en Galicia foi moi importante a xuzgar polas abundantes referencias documentais que se conservan nos protocolos notariais. Entre os anos 1580 e 1610 sobrepásanse ampliamente o centenar de contratos, realizados preferentemente para o estamento relixioso, que se refiren case sempre a encargos de retablos e esculturas exentas.
Pese a istes datos tan alentadores a realidade é outra, dado que hoxe a inmensa mayoría deles desapareceron polo deterioro, as reformas litúrxicas post-Conciliares (moitos deles foron desmontados, conservándose só a imaxinería conservada polo propio pobo) e pola chegada dunha nova arquitectura, a Barroca.
Cronolóxicamente, dentro da evolución da escultura renacentista en Galicia p estableceu catro períodos: os de estirpe, aínda “goticista”; a escultura de marcado deseño “plateresco”; a tendencia “manierista” de finais do s.XVI, tamén chamada “Serliana”; e a etapa “Clasicista”, da cal temos máis exemplos conservados, e abrangue os anos 1590 e 1605.
Analizou varios exemplos de cada unha destas etapas no ámbito artístico galego, establecendo comparativas estéticas e formais. Sen deixar de lado aspectos, tan importantes, como son a morfoloxía: materiais (nogueira e castiñeiro), elementos técnicos escultóricos (estucado, dourado), as marcadas funcións litúrxicas-estéticas, xunto á aparición de novos nomes de mestres entalladores tanto foráneos coma galegos.
Día 22 de abril, sábado
Viaxe a Astorga.
Saída ás 8 horas.
Visita Catedral, Palacio Episcopal. Museo Romano e Rota Romana.
Día 4 de abril, martes
ás 19 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 22 de abril, sábado, a Astorga e pago da viaxe a Úbeda e Baeza.
Día 4 de abril, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Javier Raposo Martínez, "A escultura renacentista en Galicia".
O día 24 de marzo de 2017, con motivo do centenario da morte do médico, escritor e poeta Jesús Rodríguez López, o presidente de Lugo Patrimonio, Adolfo de Abel Vilela, pronunciou una conferencia como homenaxe a este persoeiro lucense que tivo un protagonismo importante non só desde o punto de vista da súa profesión como pediatra y cirurxián, senón tamén na vida social, asociativa e cultural da cidade. O conferenciante fixo unha introdución de como era o Lugo de 1859, ano no que naceu, para pasar a falar do médico e publicista, destacando que viaxou a París cunha moza a que mordera un can para estudiar na clínica Pasteur o procedemento para curar a rabia, foi un precursor no uso dos antibióticos en Galicia, e o que primeiro utilizou na cidade o cloroformo para unha intervención cirúrxica.
Detívose tamén en explicar a censura que sufriu por parte do bispo Murúa do seu folleto Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia, que posteriormente daría lugar ao seu libro más coñecido Superticiones de Galicia y preocupaciones vulgares, publicado en Madrid en 1910. Tamén da súa faceta como divulgador educando para a saúde a través de artigos na prensa local. Destacou a súa faceta como escritor e poeta así como a súa etapa de concelleiro polo partido liberal. Finalmente referiuse a familia e aos amigos. Lugo Patrimonio solicitou ao Concello de Lugo a dedicatoria dunha rúa e que nas casas onde naceu, viviu e morreu, número 22 da rúa da Tinería, e no número 19 da rúa da Raíña, onde tivo a consulta, así como que se inclúa a visita ao seu enterramento no cemiterio de San Froilán nas visitas guiadas.
Ao acto asistiron os netos Jacobo, Jesús e Julián Guillén Rodríguez e Jesús Rodríguez Fernández coas súas donas.