Luns, 03 Agosto 2009 14:31

Luís Costa

 

Luis CostaLuís Costa (Cambados, 1968) é licenciado en Musicoloxía (Oviedo, 1992) e en Historia (UNED, 1999); acadou o doutoramento na área de Música (Santiago de Compostela, 1999) con Premio Extraordinario. Veu desempeñando a docencia como profesor titular de música en Ensino Medio e como profesor titular de Hª da Música, Estética e Hª da Arte, en diversos conservatorios; actualmente exerce no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), do que é director desde 2006, e no Conservatorio Superior de Vigo. É ademais profesor asociado de Historia da Música e Folklore e do programa de doutoramento do departamento de Didácticas Especiais na Universidade de Vigo desde 2000. Ten sido profesor invitado en cursos de doutoramento e posgrados noutras universidades dentro e fóra de Galicia e director de numerosos traballos de investigación, participando regularmente como conferenciante en diversos foros divulgativos. Como investigador, ademais da súa tese de doutoramento (edición electrónica), ten publicado ao redor de de unha cincuentena de traballos en revistas especializadas, actas de congresos, seminarios, e obras colectivas con especial atención á función da práctica musical como espacio de construcción de significados sociais na Galiza contemporánea.

Entre as súas contribucións máis recentes cómpre destacar o ensaio introductorio “Música e ideoloxía na xénese dos grandes cancioneiros folclóricos de Galicia” formando parte dos estudios críticos da reedición do Cancioneiro Musical de Galicia, (Fundación Barrié de la Maza, 2008) e a serie de dazasete colaboracións referidas ás danzas rituais en Galicia, en curso de publicación na obra Tempos de Festa en Galicia (Fundación Caixagalicia, 2006, 2008, e previsto vol III no 2010).

Actualmente é membro de numerosas sociedades científicas nacionais e internacionais, da comisión técnica do Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega) e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Anotacións para as viaxes a Pontevedra o día 1 de febreiro +

    Día 21 de xaneiro, martes Salón de actos da Deputación Provincial De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes Ler Máis
  • Conferencia de Pilar García Negro, sobre “Castelao, obra artística”. +

    Día 21 de xaneiro, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Pilar García Negro, sobre Ler Máis
  • Viaxe a Pontevedra para ver no Museo a obra de Castelao +

    FEBREIRO Día 1, sábado Viaxe a Pontevedra para ver no Museo a obra de Castelao. Saída ás 8,30 horas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO