Luns, 07 Xuño 2010 09:20

Enrique González Fernández

(A Rúa, Ourense, 1961), licenciado en Xeografía e Historia, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela (1984). Actualmente traballa na tese doutoral, que trata sobre “O urbanismo da cidade de Lucus Augusti”, e no Servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo.

Dende o ano 1982, participa e colabora en numerosas escavacións en Galicia e Norte de Portugal (Castro de Baroña, Castro de Saceda, Castro de Lebosandaos, campamento romano de Aquis Querquennis, cidade romana de Aquae Flaviae – Chaves -, Braga, etc. ), e prospeccións arqueolóxicas nas provincias de Ourense e Lugo.

Comeza a traballar na cidade de Lugo no ano 1986,  co equipo que fai as escavacións dos aparcadoiros subterráneos, baixo a dirección do profesor Antonio Rodríguez Colmenero, Dende aquela, colaborou e dirixiu  varias escavacións tanto na cidade como na muralla.

Colaborador en diferentes publicacións, cursos, simposios e congresos, a súa liña de investigación está centranda na cidade de Lucus Augusti, tocando aspectos como a cerámica e o urbanismo.

Tamén colabora e coordina algunhas das montaxes expositivas sobre o Lugo Romano como: “Lugo, Escavacións arqueolóxicas na cidade” (Lugo, 1987), “Lucus Augusti, urbs romana” (Lugo, 1996) e “Imago Antiqua. Lugo romano” (Lugo, 2000).

É membro do Consello de Redacción e Secretario da revista Larouco, editada polo Grupo Arqueolóxico Larouco.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Coferencia de Miguel Ángel Álvarez Areces sobre "O Patrimonio Industrial en Asturias". +

    Día 12 de maio, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Coferencia de Miguel Ángel Álvarez Areces Ler Máis
  • Viaxe a Asturias. +

    Día 29, 30 e 31 de maio Saída ás 7,30 horas Viaxe a Asturias. Saída ás 7,30 horas.Día 29. Visitas Ler Máis
  • Conferencia de Manuel Lara Coira sobre "O patrimonio industrial na illa de Arousa". +

    Día 2 de xuño, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Manuel Lara Coira sobre Ler Máis
  • Anotacións para a viaxe a Illa de Arousa do día 20. +

    Día 2 de xuño, martes Salón de actos da Deputación Provincial De 19 a 20 horas Anotacións para a viaxe Ler Máis
  • Viaxe a Illa de Arousa. +

    Día 20 de xuño Saída ás 8 horas Viaxe a Illa de Arousa. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO