Marisol Mendive Zabaldica
Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade de Barcelona, realiza estudos de órgano cos profesores J. L. González Uriol (Zaragoza) e M. Torrent (Grado Superior, Barcelona). Participa en numerosos cursos de perfeccionamento dirixidos polos profesores Daniel Roth, Andreas Arand, Michael Radulescu, etcétera. Traballou durante varios anos como Organista e directora do Departamento de Música do Santuario de Torreciudad (Huesca).
A súa actividade como concertista desenvolveuse en numerosas capitais españolas e diversas cidades de Italia (Roma, Aosta) Bruxelas (Bruxas); Suiza (Lausanne, Neuchatel), Croacia (Humag), Noruega (Oslo), Portugal (Lisboa, Porto, Coimbra), Alemaña (Colonia, Münster, Berlín, Würzburg, Hildesheim, Ratingen, Dornum) México (Saltillo) Madeira (Ponta do sol) .
Na actualidade participa xunto a outros profesionais no equipo interdisciplinar que está realizando a Catalogación completa dos órganos de Galicia; proxecto financiado pola Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia.
Desde o ano 2004 é Profesora de Órgano do Conservatorio Profesional de Música de Ourense e Directora Artística do Ciclo de Órgano de Xunqueira de Ambía (Ourense).
Recentemente impartiu cursos de música antiga española en Porto (Portugal) e Lausanne ( Suiza).
Preside a Asociación de Amigos do Órgano "Un rato non tubo", de recente creación. Esta Asociación nace co propósito de converterse nun elemento dinamizador para a sensibilización da cidadanía en valores como a conservación, o coñecemento e a protección e restauración/rehabilitación do patrimonio organístico de Ourense e de Galicia.
PROGRAMA
J.S. Bach (1685-1750)
Tres corais do "orgelbüchlein" do tempo de Nadal.
Nun komm, der Heiden Heiland BWV 599( Ven agora Salvador dos homes)
Herr Christ, der ein'ge Gottesshon BWV 601(Señor Xesucristo, Fillo único de Deus)
Gelobet seist du, Jesu Christ BWV 604 ( Sexa loado Xesucristo)
Toccata e Fuga en re menor BWV 565