Martes, 02 Mai 2023 11:55

Viaxe ao Vigo romano

22 de abril
Despois da conferencia do arqueólogo Felipe Arias Vilas, desprazámonos a Vigo para ver os achados romanos, as salinas, o castro do Museo do Mar, e as seccións de arqueoloxía do mesmo e do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León, acompañados polo profesor da Universidade de Vigo Eduardo Méndez Quintas.
Comezamos a visita no centro de interpretación Salinae na rúa Rosalía de Castro, onde recibimos as explicacións do profesor que para contextualizar o achado comezou falando do proceso arqueolóxico desenvolvido na cidade nos últimos anos, e xa relacionado co xacemento recuperado en parte, todo o relativo á produción e os diversos usos que se lle daba ao sal, como a obtención de tinturas, elaboración de salsas e especialmente para o salgado do peixe destinado á exportación..


Despois trasladámonos ao Museo do Mar, onde visitamos a sección de arqueoloxía e o castro que se atopa no interior e no exterior do edificio, chamando a atención os catro fitos do altar púnico, o que evidencia  a relación dos habitantes da zona con outras culturas mediterráneas antes da chegada dos romanos.
Despois de xantar visitamos a sala de arqueoloxía do Pazo de Castrelos, que contén pezas desde o Paleolítico (120.000 anos a. C), ata o século VI  d. C., sendo especialmente rechamantes a colección de estelas funerarias da necrópole do Areal, do século II, pertencentes a familias que procedían de Clunia (Coruña do Conde, Burgos), que apareceron en 1953 ao facer a cimentación dun edificio na rúa Pontevedra, reutilizadas como lastras  dun pavimento, e outros obxectos de enterramentos posteriores que chegan ata o século VI d. C.,. Rematamos a visita facendo un percorrido polo pazo para ver a colección de pintura e a parte do xardín francés.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO