20 de outubro 2018
O día 20 de outubro viaxamos a Cospeito para ver o Pazo de Sixtallo, fundado por Fernando Verdes Montenegro. Acompañados dun dos copropietarios percorremos os xardíns seguindo as explicacións de Javier Raposo e do dono, que nos mostrou os dous planos orixinais de alzado e planta do edificio, obra dun dos arquitectos galegos de fins do barroco de placas compostelán, Clemente Sarela, pasando despois ao interior para ver a entrada, as escaleiras e a capela, co seu magnifico retablo obra de Miguel Romai con imaxes da escola de Gambino.
Despois pasamos na mesma parroquia á Casa Rural aldea celta Citania de Veria que nos mostraron os propietarios as instalacións. Antes de xantar na Feira do Monte, fixemos unha visita ao Museo das Aves, previa a andaina que pola tarde fixemos circundado a lagoa.
Rematamos a excursión visitando en San Martiño de Pino a emblemática torre de Caldaloba acompañados de Óscar Rego Felpeto, un dos divulgadores e defensores do patrimonio da zona.