O día 14 de xullo celebrouse a última conferencia do ciclo dedicado ao Camiño Primitivo. Estivo a cargo de María Josefa Sanz Fuentes, catedrática no departamento de Ciencias e Técnicas Historiográficas da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Oviedo e Cronista Oficial de Avilés, que falou sobre "O Camiño Primitivo en Asturias: historia e historias". Ao longo da súa disertación foi facendo un percorrido desde Oviedo ata a Fonsagrada, relatando as vicisitudes polas que pasaron os que foron pioneiros en reclamar este Camiño, e como se foi creando infraestructura para servir ao peregrino. As anécdotas tamén estiveron presentes na charla.