O día 9 de xuño, tivo lugar a segunda conferencia do ciclo, titulada "O Camiño Primitivo e a problemática da súa delimitación"; que estivo a cargo de Ricardo Gómez Polín, que correu co peso da conferencia como gran coñecedor e valedor do Camiño. e Antonio Ventura Figueroa, experto en Sistemas de Información Xeográfica, que se dedicou a comentar os cambios sobre fotografías aéreas, algunha tamén cos perfiles para darse conta das dificultades do novo trazado.
Ao longo de dúas horas, Polín fixo unha introducción sobre o valor histórico, paisaxístico, arquitectónico e relixioso, para despois ir comentando os cambios introducidos pola administración autonómica, desde o concello de A Fonsagrada ata Melide, que non tivo en conta, en moitos casos, a pegada histórica, levando por sitios polos que nunca pasou, servindo a intereses de particulares, ou fuxindo dos problemas da apropiación do camiño por particulares.