Sábado, 09 Mai 2015 00:00

Novas actividades en maio e xullo: Visita á igrexa románica de Vilasouto e viaxe ao Portugal dos templarios.

30 de maio 2015: Visita á igrexa románica de San Mamede de Vilasouto para ver as obras realizadas que acaban de rematar. É unha reivindicación conseguida polo traballo de LugoPatrimonio, os veciños da parroquia, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Bispado. Loce, agora, a igrexa, o seu lousado novo, os muros sen fendas e a fachada restablecida, freando así o estrago e a destrución á que estaba sometida. A esas institucións, Área de Cultura da Deputación de  Lugo e o seu representante Mario Outeiro, ao Bispado, con Miguel Gómez e César Carnero á cabeza, e aos veciños de Vilasouto pola axuda prestada, dámoslles o RAMO de LugoPatrimonio.

Aproveitaremos esta viaxe de medio día para ver tamén algún dos petróglifos da zona, o encoro de Vilasouto e a necrópole de santa Mariña.

Sairemos do lugar habitual ás 10 da mañá. Regresaremos a Lugo arredor das 14 h. Anotacións na páxina de LugoPatrimonio (lugopatrimonio.org) ou no tfne. 676 800 227 até o xoves día 28 de maio.

Do 9 ao 13 de xullo:Viaxe polo Portugal dos Templarios e Festa dos Tabuleiros (Alcobaça, Batalha, Fátima, Tomar...).

O PORTUGAL TEMPLARIO. Festa dos Tabuleiros 2015

(Do 9 ao 13 de xullo)

Proxecto de Programa

9 de xullo, xoves (quinta feira): Lugo, Mosteiros de Batalha e Alcobaça. Tomar.

Tomar: Festa dos Tabuleiros. 20 h, Inauguración das rúas populares ornamentadas.

10 de xullo, venres (sexta feira): Tomar: Castelo e convento do Cristo, Charola, igrexa de santa María do Olival.

Festa dos Tabuleiros. 18 h.: Cortexo do Mordomo.

11 de xullo, sábado: Castelo de Almourol e río Texo, Constancia, Dornes (Castelo e Igrexa de  Nª Sª do Pranto) e río Zézere, Tomar.

Festa dos Tabuleiros: 10 h. Cortexos parciais dos Tabuleiros. 13 h, Exposición de Tabuleiros. 15,00 h, Xogos Populares.

12 de xullo, domingo: Festa dos Tabuleiros.

   9,30 h.: procesión das Coroas e Pendóns do Espírito Santo.

16,00 h.: Cortexo dos Tabuleiros.

13 de Xullo, luns (segunda feira): Festa dos Tabuleiros, Nazaré, Lugo.

            10 h.: Distribución do Bodo.

            11 h.: saída para Nazaré. Visita xeral, xantar e regreso a Lugo.

Nos próximos días indicaranse prezos e irase completando o Programa.

Anotación até o 18 de maio no tfne. 676 800 227

Para consulta do que é a Festa dos Tabuleiros recomendamos ver o seguinte video:

https://www.youtube.com/results?search_query=festa+dos+tabuleiros

e a seguinte web:

www.tabuleiros.org/

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO