Venres, 24 Xaneiro 2014 10:43

O Santo Estevo do Ermo - Augas Santas, novo xacemento arqueolóxico no concello de Barreiros (Lugo).

A colaboración entre a Irmandade Santo Estevo e MariñaPatrimonio para a protección deste ben patrimonial dá os seus primeiros froitos ao recoñecer a Xunta o lugar como xacemento arqueolóxico.

Barreiros, a 22 de xaneiro de 2014.- O pasado mes de setembro MariñaPatrimonio solicitou á Xunta a inclusión no Inventario de xacementos arqueolóxicos a antiga capela de Santo Estevo, o antigo cemiterio e as antigas construcións e abrigos naturais nos que habitaban as ermitás do Santo Estevo. Trala inspeción de campo e a localización destes vestixios arqueolóxicos, os técnicos de Patrimonio incluíron este sitio arqueolóxico no Inventario coa clave GA 27005014.

Santo Estevo do Ermo ou de Augas Santas é un oasis no inmenso eucaliptal da Mariña. Esta pequena fraga, asfixiada polos eucaliptos, conserva no seu interior un rico patimonio natural, paisaxístico, cultural, relixioso e arqueolóxico. Facendo un percorrido por esta xoia natural e cultural atopamos unha vizosa vexetación autóctona, que agocha a actual capela, construída no 1765 e en cuxa contorna se ven celebrando dende tempos inmemoriables a romaría do Santo Estevo. Preto da capela podemos contemplar a fermosa fervenza, coñecida como o revertedoiro. Outros lugares de gran interese son a Fonte de Santa Rosa, arredor da cal centos de panos penduran das pólas das abeleiras e as súas augas curan as doenzas da pel; a Fonte de Augas Santas con augas ferruxinosas, boas para combater a anemia, e a Pena da Ferradura na que o cabalo de Santiago deixou a súa pegada.

Menos coñecida, aínda que viva na memoria colectiva dos veciños da contorna, é a existencia das ruínas da antiga capela, do antigo cemiterio e dos lugares habitados polas ermitás.

A Irmandade de Santo Estevo publicou en maio do ano pasado o interesante libro O santo Estevo do Ermo e a súa fraga no que recollen probas documentais da existencia destes bens patrimoniais.

Co recoñecemento da Xunta deste sitio arqueolóxico e a súa inclusión no Inventario, este ben patrimonial goza da protección que debería evitar a destrución e a desaparición deste interesantísimo lugar arqueolóxico. Desgrazadamente, igual que ocorre na maioría dos restos arqueolóxicos da Mariña, este de Santo Estevo non se libra da súa plantación de eucalipto. A industria forestal, irresponsable e destrutora do patrimonio, non respecta nin os antigos cemiterios.

Dende a Irmandade de Santo Estevo e a asociación MariñaPatrimonio consideramos que sería bo que a Xunta, o Concello, a industria forestal do eucalipto, as asociacións e os veciños unisen vontades e esforzos para protexer dun xeito integral o Santo Estevo do Ermo. O primeiro paso sería retirar os eucaliptos dos restos arqueolóxicos da antiga capela e do cemiterio.

Unha vez máis cómpre lembrar que protexer o noso patrimonio é responsabilidade de todos e supón un ben rendible para toda a sociedade.

Ligazón para as fotos. http://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/72157639687224914/with/11909329535/

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO