Tratábase, nesta rolda de prensa convocada polas asociacións que traballamos pola consolidación do patrimonio inmaterial das Terras de Lemos, e á que foron convidados os delegados e delegada das consellariás de Cultura e Deportes, Innovación e Industria, Medio Rural, Vivenda e solo, Igualdade e a Vicepresidencia da Deputación provincial, de facer unha valoración ante os medios de comunicación do realizado por cada unha delas sobre o proxecto presentado hai oito meses para a consolidación dos ritos festivos obxecto do noso traballo (para ver este Proxecto pica aquí).
Estas foron as respostas: (pica aquí)
A rolda de prensa foi interesante, pois ofreceu unha idea real de como se pode traballar en tempo rápido se se cre no futuro da nosa cultura e das xentes do medio rural. Desde LugoPatrimonio e en nome tamén das demais asociacións coas que traballamos, dámoslle as grazas a estas institucións. Anima esta dinámica para seguirmos a traballar con forza por facer realidade nun prazo de tempo de 8 anos, o Proxecto presentado publicamente en abril do 2008.