Artigos filtrados por data: Xaneiro 2020

14 de xaneiro de 2020

Con esta conferencia do profesor Ramón Reimunde Noreña, catedrático de Lingua e Literatura Galega de Ensino Secundario, comezaron as actividades do ano 2020 que dedica o Día das Letras Galegas ao que foi director do Colexio Fingoi, fundado en Lugo por don Antonio Fernández no inicio dos anos 50 en plena dictadura, o que supuxo non só unha novidade no método senón tamén unha excepción, único en Galicia pola súa concepción do ensino seguindo o modelo da Institutción Libre de la Enseñanza, liberdade de pensamento, mixto, laico e nova relación mestre alumno, anque coas limitacións dos anos 50.

Comezou Reimunde Noreña alertando do que quedaba por ver neste ano no tocante á utilización do persoeiro, querendo adaptar as súas posición políticas e lingüísticas. Haberá moitas homenaxes e actos, conferencias, dous congresos, reedición de obras, libros sobre o autor, e reeditarase "Cativerio de Fingoi", ampliado do que é autor, escrito nos anos 90 é publicado pola Deputación no ano 2010. Por fin, despois de estar agardando 30 anos a Academia Galega dedica o Día Das Letras ao que cualificou como o máis importante lingüista galego do século XX que tocou todos os xéneros.

Ás 20 horas no salón da Deputación Provincial conferencia de Ramón Reimunde Noreña. “Carballo Calero e a renovación didáctica do Colexio Fingoi”.

De 19 a 20 h. anotacións para a viaxe do 1 de febreiro aos museos de Rianxo. Prezo 35 €.

Ás 20 horas no salón da Deputación Provincial conferencia de Ramón Reimunde Noreña. “Carballo Calero e a renovación didáctica do Colexio Fingoi”.

De 19 a 20 h. anotacións para a viaxe do 1 de febreiro aos museos de Rianxo. Prezo 35 €.

XANEIRO

CICLOS: RICARDO CARBALLO CALERO E XERACIÓN “NÓS”

Día 14 de xaneiro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Ramón Reimunde Noreña. “Carballo Calero e a renovación didáctica do Colexio Fingoi”.

De 19 a 20 h. anotacións para a viaxe do 1 de febreiro aos museos de Rianxo.

FEBREIRO

Día 1 de febreiro, sábado.

Saída ás 8,00 horas

Viaxe a Rianxo acompañados de Felipe Senén para visitar os museos de Castelao, Manoel Antonio e Rafael Dieste.

Día 11 de febreiro, martes

ás 20 horas

No Vello Cárcere

Conferencia de Pilar García Negro sobre "Carballo Calero e a lingua galega".

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Rianxo +

    Día 1 de febreiro, sábado. Saída ás 8,00 horas Viaxe a Rianxo acompañados de Felipe Senén para visitar os museos Ler Máis
  • Conferencia de Pilar García Negro sobre "Carballo Calero e a lingua galega". +

    Día 11 de febreiro, martes ás 20 horas No Vello Cárcere Conferencia de Pilar García Negro sobre "Carballo Calero e Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO