Mércores, 09 Decembro 2015 00:00

Moncho do Orzán

Ramón Rodríguez Palleiro, “Moncho do Orzán” (A Coruña, 1985)

Formouse no mundo da gaita da man dos mestres Raúl Galego e Ricardo Santos. Foi vogal da Asociación de Gaiteiros nos anos 2004 e 2005. Antigo membro do quinteto Os Cataventos e do grupo folque Barallete.

Actualmente estuda o Grao Profesional de Acordeón. É corista, actor e arquiveiro de Cántigas da Terra. Tamén colabora musicando espectáculos coa Compañía Femme Fatale e co Grupo de Teatro da A.C. Alexandre Bóveda.

Investiga o pasado e o presente dos Coros Galegos, poñendo de relevancia a súa importancia dentro da cultura propia. Periodicamente escribe artigos de divulgación en xornais galegos e na revista A Xanela dentro da súa sección de folclore.

Mércores, 02 Decembro 2015 00:00

Quen é Serafín R. Trashorras?

Naceu o 9 de abril de 1970 en Lugo, no Hospital da Milagrosa (actual edificio do xornal O Progreso).
Fillo dunha profesora orixinaria de Castroverde, na súa nenez, pasou longas tempadas na parroquia da Pumarega, non era difícil velo coa súa bicicleta visitando as igrexas dos contornos e facendo fotos ás mesmas, preguntando aos párracos que estilo é esta igrexa?, ou facendo fotos á magnífica torre de Homenaxe de Castroverde.
Foi un dos afortunados raparigos, que viu a película Indiana Jones en busca do Arca Perdida, no Gran Teatro, o que aínda acrecentou máis o seu espírito inquieto, e o seu gusto pola historia.
Estudou o Bacharalato no Instituto “Ánxel Fole” e despois acabou  Técnico Superior en prótese dental, empezou o Grado de Xeografía e História pero non chegou a acabalo.
As suas aspiracións laborais foron virando para a fotografía e o vídeo, sin esquecer as lecturas de libros de historia de todas as épocas. Foi cámara ENG de servicios informativos en TVL , e reporteiro gráfico para distintas publicacións. Tamén foi locutor de radio en Cadena 100, nun programa de radio de música rock, e impartiu tamén cursos de fotografía para o Instituto de Formación e Estudos Sociais.
Actualmente é empregado da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
En canto ás  emisoras que os alemáns construíron nos anos 40, empezou a investigalas xunto ao seu amigo Ánxo Valín Bermúdez,no ano 1999, despois publicaron o primeiro artigo en conxunto no  ano 2002,na  páxina websubmarinos (unha páxina dedicada á historia e aos submarinos actuais e do pasado).
Tamén publicaron un artigo na revista do Centro de Estudos Chairegos, e en varios diarios locais.
Foi entrevistado na  TVG (Dúas ocasións “Xa hai que foi”, e o programa O Explorador; tamén na Canle 4 (Cuarto Milenio).
Entre o ano 2006 e o 2010 mantivo operativas as páxinas  www.torresdearneiro.com  e www.torresdearneiro.org ,  pagando do seu peto, o mantemento das mesmas, coa única intención de manter viva a memoria dun patrimonio único da era industrial.
Actualmente ten en Facebook unha páxina que se chama: Torres de Arneiro e outras noticias da historia. Nela habitualmente mostra  información sobre as Torres  e tamén sobre outros acontecementos da historia de Galicia e do mundo. Actualmente ten case 200 seguidores.Tamén colabora co grupo de facebook Websubmarinos, con reportaxes fotográficas e artigos  sobre todo relacionados coa Primeira e Segunda Guerra Mundial.

Venres, 06 Novembro 2015 00:00

Mª Isabel Fernández García

Doutora en Química pola USC e Catedrática de Química Inorgánica da USC (Universidade de Santiago de Compostela ).

A miña carreira desenrólase practicamente en Lugo (excepto 2 anos de Prfa en Santiago mentras preparo a miña Tese de Doutoramento).

Unha das primeiras profesoras do Colexio Universitario de Lugo (1973).

Científica adicada a docencia e investigación na Facultade de Ciencias de Lugo.

Formo parte dun grupo de investigación no que estamos a traballar en campos como:

Química ambiental como a determinaciónde residuos de praguicidas en alimentos (leite, mel, viños..)

Química de coordinacion(compostos com metais) que poden ser usados para medicina (biocatalizadores,....) ou para disminuir a sua toxicidade no medio ambiente

Historia da química, poñer en coñecemento os científicos e científicas galegos e tamén os internacionais

Didática da Química: participación en congresos e xuntanzas cós profesores e profesoras de ensino médio

 

Libros :4

 

Premio TESIS DOCTORAL 1975 da Excma Diputación Provincial de Pontevedra (por traballar sobre tema da provincia),

 

Premio X PREMIO LUISA VILLALTA A INICIATIVAS NORMALIZADORAS 2013 do Servicio de Normalización Lingüistica da Universidade de A Coruña.

 O domingo pasado, día 25 de outubro, tivo lugar un encontro de reperesentantes das asociacións LugoPatrimonio e das Fachas de Castelo para celebrar o Outono cun bo magosto nas ribeiras do Miño que soben a Castelo (Taboada), e para intercambio de experiencias e perspectivas de futuro de ambas as dúas entidades

Aproveitouse tamén para unha ofrenda floral ao arqueólogo, sacerdote e profundo estudoso do románico,  Xaime Delgado no cemiterio onde está soterrado.

 

Luns, 26 Outubro 2015 00:00

ANDRÉS DÍAZ PAZOS

Nado en Ferrol, no ano 1968. É licenciado e doutor en Ciencias Físicas pola USC. Entre o ano 1996 e 1998 traballou como investigador post doutoral na Universidade de Cambridge. Neste campo é autor ou coautor de 31 artigos en revistas do máximo nivel internacional. Ten participado en diversos congresos e relatorios e foi invitado pola American Physical Society para abrir unha das mesas do seu congreso anual en Atlanta o ano 1999.

Dende o ano 1998 tamén investiga e colabora en proxectos sobre a historia da ciencia e o patrimonio instrumental, didáctico e documental científico, participando no proxecto de inventario e  catalogación dese material en Galicia (USC, 1998). Froito destes traballos son 14 artigos en diversas revistas sobre a materia e relatorios en congresos.

Día 11 de xaneiro, luns: Asemblea Xeral de LugoPatrimonio: cambio de Xunta Directiva e Proxectos para o ano 2016.

Día 12, sábado: Festa anual de LugoPatrimonio na casa de turismo rural Da Penela, Mondoñedo. Contaremos con músicos, conta-contos e a valiosa prfesionalidade das nosas asociadas e asociados.

Preparade todas as intervencións que se vos ocorran.

Día 2, mércores : conferencia do investigador Serafín R. Trashorras sobre As torres do Arneiro.Salón de actos da Deputación, ás 20 h.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Clara María Ramos Taboada sobre “E ti ¿de quen ves sendo?”. Lucus Augusti como espello das relacións familiares na antiga Roma +

    Día 14, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia da investigadora doutora Clara María Ramos Taboada Ler Máis
  • Anotacións para a visita aos xacementos arqueolóxicos e para o xantar e festa dos socios do día 13 de decembro +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O conxunto arqueolóxico da Casa do Mitreo” +

    Día 11, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre “O Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO