Reunidas as seguintes entidades cos seus e as súas respectivas representantes: Deputación de Lugo-Area de Cultura, Concello do Incio, Bispado de Lugo, Veciños e veciñas de Vilasouto-O Incio, e A.C. LugoPatrimonio, para continuar o estudo e alternativas sobre o estado da Igrexa de Vilasouto, acordaron os puntos abaixo detallados :
Lugo, a 28 de setembro do 2012.
Con sentido pesar damos a noticia do falecemento do noso Socio de Honra o crego don Xaime Delgado Gómez, que nos acompañou como guía experto en numerosas viaxes.
Nos últimos anos preocupouse de reunir en varios libros, editados á súa costa, os artigos publicados en diarios e revistas especializadas, o que el chamaba “hojas volanderas” porque se perdían. Precisamente no ano 2010 o Sevicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo publicou “A Biblia na iconografía pétrea lucense”, a súa obra magna na que recolle todos os estudos dedicados a este tema que saíron en diferentes revistas incluíndo tamén o seu primeiro e gran traballo, a súa tese sobre o conxunto paleocristián de Temes.
A diocese de Lugo perde hoxe a un dos seus sabios sacerdotes, como no seu día o foron Francisco Vázquez Saco, Antonio García Conde e Amador López Valcárcel.
O seu labor desinteresado na parcela do patrimonio cultural foi importante e frutífera, non só desde a Comisión Provincial de Patrimonio senón tamén desde a Comisión Mixta Xunta Igrexa, achegando a súa opinión experta e elaborando numerosos informes sobre o estado de igrexas da diocese.
Lugopatrimonio sentimos sinte profundamente a perda deste humilde e sinxelo pero grande sacerdote.
Breve síntese do contido histórico-cultural do Complexo de Temes
As fachas do Folión de Castelo