Sábado, 19 Setembro 2015 00:00

Viaxe a Albá (Palas de Rei)

Viaxe a Albá (Palas de Rei) da comarca da Ulloa, onde visitaremos a granxa familar, Granxa Arqueixal, dedicada á produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico. Ofrece tamén un grupo de casas rehabilitadas para turismo rural, ou para exemplo da vida labrega que se podía ver a principios do s. XX ou mesmo no s. XIX, como mostran de forma práctica na chamada casa da Rebordela. Comprobaremos así un novo xeito "de recuperar e salvagardar un proceso vivo, dinámico e sustentábel da cultura tradicional". Na súa páxina web, explican tamén que se utiliza o pasado "como un recurso renovábel, educacional, científico, artístico, promocional e económico". Xantar na propia granxa.
Iniciamos, con esta visita, outro tipo de viaxes prácticas e didácticas para comprobar os diversos xeitos que podemos ver da unión de cultura, economía, arquitectura, tradición e modernidade.
 Para consultar: http://arqueixal.com/agro/quen.htm
De permitilo o tempo faremos outras visitas desta comarca rica en todo tipo de vestixios, como é o exterior do Castelo de Pambre, Igrexa de Vilar de Donas...
Saída ás 9:30 h. da mañá do lugar habitual.
Anotacións o día 2 de setembro na Galería Sargadelos, de 19 a 20 h.

Enviar un comentario

Por favor, asegúrese de ter introducida a información marcada con (*). O código HTML non está permitido.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Visita guiada a exposición "Nös de onte a hoxe: cen anos de historia” no Museo Provincial. +

    Día 3 de marzo, martes Ás 19 h. Visita guiada a exposición "Nös de onte a hoxe: cen anos de Ler Máis
  • Conferencia de Carlos Bernárdez sobre “O Grupo Nós” +

    Día 3 de marzo, martes Ás 19 h. Visita guiada a exposición "Nös de onte a hoxe: cen anos de Ler Máis
  • Anotacións para as viaxes a Santiago e para a viaxe ao Patrimonio industrial de Asturias +

    De 18 a 19 h. Anotacións para as viaxes a Santiago, do día 28 de marzo para a visitar a Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO