Día 22, sábado
Viaxe a o Castro de Viladonga (pola mañá, con xantar) e pola tarde visita á exposición arqueolóxica e á cloaca da Sala Porta Miñá. Saída ás 10 horas.
11 de marzo
O conferenciante, que dedicou a súa charla a Manuel López Guitar, que foi un activo promotor do Arde Lucus, analizou o contexto xeográfico e histórico da fundación da cidade romana e logo pasou a comentar os aspectos arqueolóxicos máis relevantes que permiten deducir o tipo de sociedade galaico-romana e lucense, e incidiu na modificación da trama urbana de Lucus que supuxo a construción da súa muralla na 2ª metade do s. III.
Resaltou a importancia das inscricións epigráficas, que ás veces ofrecen problemas de interpretación pero que sempre proporcionan moita información de todo tipo sobre os distintos grupos sociais galaicos e romanos e sobre a súa vida e crenzas, para o que tamén aludiu às estelas funerarias e outras mostras escultóricas da Gallaecia.
Día 11 de marzo, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre "Lucus e o seu territorio na Gallaecia".
De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes do día 22 ao Castro de Viladonga e Sala Porta Miñá, con comida. Precio 35 €.
Día 11 de marzo, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre "Lucus e o seu territorio na Gallaecia".
De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes do día 22 ao Castro de Viladonga e Sala Porta Miñá, con comida. Precio 35 €.