(Celeiro de Asadur (Maceda-Ourense)), 1925. Historiador e teólogo. Fixo estudos de Teoloxía e Historia en Madrid, Salamanca e Roma. Como profesor traballou no Ensino Medio en Vigo e nas Universidades desta mesma cidade e Pontificia de Salamanca. Foi reitor de Teologado en San Vicente de Paúl, Salamanca. De 1969 a 1973 encargouse da equipa de Estudos do Terceiro Mundo na cidade de Roma. A Igrexa galega (1995) e outros importantes traballos (Castelao sen manipulación, A nosa literatura…) distíngueno como un dos mellores analistas non só da Igrexa en si, senón tamén da propia historia da Galiza.