20 e 21 de maio
Dentro do ciclo sobre Patrimonio Industrial que fixemos no ano 2019, o día 17 de maio estivemos en Ilhavo, e entre as visitas realizadas estivo o Museo Marítimo de Ílhavo (MMI), dado que esta localidade tivo unha gran relación coa pesca do bacallau que no ano 2001 pasou a contar co navío-museo Santo André, antigo arrastreiro bacalloeiro que tamén visitamos como complemento do museo. Pero o socio e etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo recomendou ver noutra ocasión o Navio-Hospital Gil Eannes en Viana do Castelo, e con este fin organizamos a viaxe.
Comezamos a visita as 11,15 horas seguindo a explicación do guía que contratamos. O barco construíuse en 1955 nos estaleiros de Viana do Castelo para substituír ao Lahneck, incautado por Portugal aos alemáns na Primeira Guerra Mundial (1916). Transformouse en corveta e en 1927 foi adaptado como barco hospital en estaleiros dos Países Baixos para dar apoio médico aos barcos bacalloeiros que permanecían varios meses illados nas augas de Terranova e Groenlandia.
DíDía 27 e 28 de maio, sábado e domingo
Viaxe a Viana do Castelo (Portugal). Pendente de concretar o programa.
9 de maio
O doutor en Historia da Arte comezou a súa conferencia sinalando que trataría a desaparición de edificios singulares nas cidades de Lugo e Mondoñedo durante a segunda metade do século XX período no que España experimentou un paulatino crecemento económico e demográfico que tivo importantes consecuencias en moitos dos centros históricos das súas vilas e cidades máis renombradas, traducíndose en reformas e desaparicións de edificios moi singulares que, apenas pasadas unhas décadas e baixo a nosa perspectiva actual, parécennos cuestionables nalgúns casos cando non unha perda lamentable e irreparable.
Deste contexto non conseguiron escapar os núcleos urbanos de Lugo e Mondoñedo, que perderon varios dos seus edificios máis significativos por múltiples razóns escusadas no manido termo da “modernización”. A mellora dos servizos prestados polo Estado, a especulación urbanística, unha política que apostaba por renovar as rúas e prazas co afán de facilitar a circulación dun parque automobilístico cada vez maior e, por suposto, a mentalidade de non apreciar o suficiente a conservación do patrimonio histórico-artístico, levaron a que en Lugo e Mondoñedo desaparecesen algúns edificios singulares, caso do chalé do Arquitecto Nemesio Cobreros na capital lucense, deseñado por el en 1888, ou do Sanatorio Alonso-Pimentel, ideado por Eloy Maquieira en 1930 e reformado por este arquitecto anos despois, pero demolido en 1985.
Día 9 de maio, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Javier Gómez Darriba sobre a “Arquitectura perdida de Lugo”
22 de abril
Despois da conferencia do arqueólogo Felipe Arias Vilas, desprazámonos a Vigo para ver os achados romanos, as salinas, o castro do Museo do Mar, e as seccións de arqueoloxía do mesmo e do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León, acompañados polo profesor da Universidade de Vigo Eduardo Méndez Quintas.
Comezamos a visita no centro de interpretación Salinae na rúa Rosalía de Castro, onde recibimos as explicacións do profesor que para contextualizar o achado comezou falando do proceso arqueolóxico desenvolvido na cidade nos últimos anos, e xa relacionado co xacemento recuperado en parte, todo o relativo á produción e os diversos usos que se lle daba ao sal, como a obtención de tinturas, elaboración de salsas e especialmente para o salgado do peixe destinado á exportación..