Setembro
Día 8 de setembro, luns: Proxeccións fotográfica e comentarios sobre a viaxe Outono máxico no río Douro, a cargo de Lois Diéguez, ás 20 h. no salón de actos da Deputación provincial.
Outono máxico no río Douro
(avance do Programa).
Días: 25, 26, 27 e 28 de setembro de 2014
Puntos a visitar:
Peso de Regua: Porto,Miradoiro san Domingos, Museo do Douro e do Viño, Paseo pola cidade e visita á quinta do Vallado ( adega). Aqui estará o hotel (hotel Douro Regua 4*, ou similar).
Lamego: Visita todo o día pola Rota dos Mosteiros, arredor do Val encantado e o río Varosa, con paisaxes de grandes extensións de viñedos e bosques de castaños. Paradas en Lamego (Catedral, Museo e Claustro, Santuario dos Remedios, Capela visigótica de San Perdro de Balsamao, do s. VII), Armamar (Igrexa románica e fervenza de Termilobos), Salzedas (Barrio da xudería e Mosteiro Cistercese de Santa María, coa igrexa parroquial e claustro), Ucanha (Ponte fortificada, igrexa matriz, s. XVII, casa natal de Leite de Vasconcelos), San Xoán de Tarouca, coa igrexa ateigada de retablos, pinturas e o gran sepulcro do conde de Barcelos, ponte romana sobre o río Varosa), Tarouca (Igrexa de san Pedro, Pelourinho, Ponte románica do río Varosela, outeiros de Santa Helena ou Alcácima con vistas á capital do concello e ao Val encantado do río Varosa).
Cruceiro polo río Douro: Mañá: Dalvares (Museo do vinho espumante, na Casa do Paço; Cavas de Murganheira, maior centro produtor do espumante.
Tarde: Cruceiro polo río Douro, desde Peso de Regua a Pinhao (ou máis cerca), con regreso en tren. Fantásticas perspectivas dos viñedos e adegas do Douro desde o medio do río.
Mirador de San Leonardo de Galafura: panorámica única con actividade sorpresa. É o Miradoiro máis fantástico que se pode imaxinar.
Anotacións para esta viaxe: até o 3 de setembro chamando ao tfne.: 676 800 227 (Lois).
Prezo: arredor dos 300 ou 350 euros con todo incluído menos as ceas.
Este Programa inicial será definido por completo nos próximos días.
Para realizar esta viaxe o número de viaxeiros e viaxeiras terá que andar entre 20 e 35. No caso de exceder o número serán seleccionados cos criterios de ser asociados-as e por orde de apuntamento.
Outubro
Día 13, 14 ou 15: conferencia da profesora Mª Isabel Fernández García sobre Científicas e científicos galegos do s. XVIII. Indicarase o lugar de celebración.
Entre 19 e 20 h. e no mesmo lugar anotacións para a viaxe do día 25.
Día 25, sábado: viaxe aos museos científicos da Coruña, con visita ao castro de Elviña (?).
Novembro
Día 4, 5 ou 6: conferencia sobre Músic@s galeg@s do s. XVIII, dando fin ao ciclo anual dedicado ao século XVIII galego.
Día 21, sábado: viaxe relacionado coa música do XVIII.
Decembro
Día 13, sábado: a nosa festa anual: Contos e música arredor da lareira
Día 15, luns: asemblea anual de LugoPatrimonio
Lugo, 12 de agosto do 2014
A Xunta Directiva.
Non cabe dúbida de que esta é unha das noticias máis gratas que animan o traballo polo noso patrimonio cultural, neste caso da provincia de Lugo e da mesma Galiza. Repoñer as pezas de ourivaría que Álvaro Gil deixou ao Museo Provincial de Lugo é un respiro para ese valeiro que hai meses xurdiu nalgunha das súas salas. Poida que o prezo a abonar por elas non sexa baixo, pero o seu valor esixe o pago e con isto asegura tamén non só a riqueza en pertenzas do noso museo senón tamén un bo futuro económico e expositivo que indubidabelmente traerán estas pezas.
Botamos de menos, con todo, que non se incorporaran a este legado os cadros de pinturas que completaban o noso panorama artístico e mesmo histórico, como os que eran da autoría de Xesús Corredoyra nos que chegan a aparecer personaxes como Luís Pimentel, dous monumentos, por así dicer, da propia cidade de Lugo.
Parabéns, por tanto, á Deputación de Lugo representada neste caso polo Delegado de Cultura, Mario Outeiro, e á familia de Álvaro Gil, que con este xesto volve animar as esperanzas patrimoniais, obxectivo das asociacións que loitamos polo noso patrimonio.
Lugo, 23 de xuño do 2014
Lois Diéguez, presidente de LugoPatrimonio.
ATENAS (Museo da Acrópole, Acrópole cos restos arqueolóxicos, Estadio Antigo, Templo de Zeus, Museo Arqueolóxico, Ágora, Monastiraki…).
ÁTICA (Monte Pentelikon, Marathon, Rafina, Rannus, Cabo Sounion).
Corresponden aos lugares de: Delfos, Naupaktos (Lepanto), Patras, Olimpia, Micenas, Nauplia, Epidauro, Canle de Corinto, Atenas.