Xuntamos nesta nova varios enlaces a artigos referentes a Francisco Carballo, finado en Salamanca o 29 de novembro de 2014. Como di o cadriño de Xosé Lois, o home que puido ser bispo e preferíu ser patriota galego.
Prezadas asociadas e asociados:
Pola presente, e seguindo o art. 18 dos nosos estatutos, convócase asemblea xeral ordinaria para o día 15 de decembro, luns, ás 19,30 h. en primeira convocatoria, e ás 20 h. en segunda, na galería Sargadelos de Lugo, e para analizar a seguinte orde do día:
1. Lectura da acta da sesión anterior.
2. Informe do presidente.
3. Informe do tesoureiro.
4. Proxecto de actividades para o 2015.
5. Colaboración na nosa páxina Web
6. Rogos e preguntas.
a) Comunicacións cos asociados-as.
É de interese colectivo a participación máis ampla posíbel para falar dos temas que consideredes en función da orde do día, pois así se vai perfeccionando a actividade e participación de todas e de todos.
Lugo, a 1 de decembro do 2014
A secretaria Vo Bo O Presidente
Organizamos o Entroido 2015 á zona de Bragança (Portugal), pois é a parte sur do Bolo e Viana e ten unhas características purísimas, con colorido, comunicación e tradición. Son, sobre todo, os entroidos que se organizan popularmente en Podence e Santulhao, moi singulares e atractivos.
Días 15, 16 e 17 de febreiro.
O día 15 (domingo de Entroido) dedicado a Podence (Os caretos de Podence), con xantar na mesma aldea nunha carpa, a base de produtos mirandeses.
O día 16, dedicado a visitar Bragança, co castelo medieval e murallas, a Domus Municipalis, curioso edificio civil tardorrománico, e museo do Entroido e outros.
O día 17 (Martes de Entroido) dedicado ao entroido de Santulho, no que o divertimento e xulgamento a unha familia de compadres e comadres que son queimados despois, resulta algo único. Despois deste, regresaremos a Lugo ou, en función do interese que teñades, tamén o podemos facer ao día seguinte.
Como o problema é de hoteis, pois cóbrense totalmente durante eses días, tedes que anotarvos en Sargadelos, de 19 a 20 h. o día 17 de decembro, mércores. Despois de saber o número de viaxeiras e viaxeiros daremos detalles exactos do que faremos, hotel, comidas e prezo. Calculo que non subirá dos 300 euros, pero é unha idea inicial. As persoas que se anoten terán que deixar unha entrada de 30 euros.
Esta visita ben paga a pena, desde logo, en plan informal, tanto para ver e mirar como para participar nos propios actos.
Lugo, 15 decembro 2015
A Xunta Directiva
Prezadas asociadas e asociados: O próximo 13 de decembro,
sábado, faremos a nosa Festa anual, "Música e contos arredor da
lareira" nunha casa de turismo rural na que pasaremos o día con
variadas actuacións que se darán a coñecer no seu momento e
sempre a activa e divertida participación dos distintos
asociados e asociadas. Para asistir a esta celebración na que
tamén se fará o recoñecementos a compañeiros e compañeiras nosas
polo seu traballo, é necesario anotarse xa.
Podedes, pois, anotarvos, o
próximo día 12 de novembro, de 19 a 20 h. na Galería
Sargadelos de Lugo.
Pedímosvos tamén que
comuniquedes os datos da anotación aos asociados e
asociadas que non dispoñen de correo electrónico.
Animádevos a participar neste actos pois servirán, a parte
de para pasar un día de nadal animado, a axuda para a
comunicación que queremos se estreite sempre entre todos e todas
na nosa asociación.
Unha aperta.
Lois Diéguez
Día 14, martes: conferencia da profesora Mª Isabel Fernández García sobre Científicos e científicas galegas do s. XVIII. Ás 20 h. no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Escola de Maxisterio).
Entre 19 e 20 h. e no mesmo lugar anotacións para a viaxe do día 25 de outubro.
Día 25, sábado: viaxe aos museos científicos da Coruña, e encontro co ceramista Francisco Pérez Porto no seu obradoiro de Osedo (O Rueiro)- Sada. Pola mañá estaremos con el e visitaremos un exemplo da súa obra, a Fonte de Castelao, levantada diante do edificio de Cerámicas do Castro. Pola tarde, na Coruña, visita guiada ao Museo da Ciencia e da Tecnoloxía e mais o Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes).