2 de abril
A viaxe a Allariz nun día de primavera con sol, tivo un dobre fin, por un lado ver un exemplo de posta en valor do patrimonio urbano e histórico artístico promovido polo Concello, e por outro complementar coa visita a unha aldea de curtumes, as conferencias que sobre este tema tivemos dentro do Ciclo sobre Patrimonio Industrial.
Na visita estivemos acompañados polo profesor Antonio Blanco Rodríguez que nos acompañou a visitar a aldea de Santa Mariña de Augas Santas, un exemplo de recuperación dun conxunto moi coidado, con elementos etnográficos, e a igrexa románica onde se da culto a Santa Maríña, e se segue aínda hoxe coa tradición das augas salutíferas. Despois da visita, saímos para a aldea de Armea para facer un percorrido arqueolóxico pola vía XVIII do itinerario de Antonino, comezando na beira do camiño a visita ao xacemento galaico romano do Monte do Señoriño, descubertos no ano 2011 polo veciño de Armea Manuel Losada, e escavado entre 2011 e 2013 pola Universidade de Vigo, interpretando os restos como os dunha vivenda do século I d. C., con posibles funcións domésticas, administrativas e de control da vía.
Día 2 de abril, sábado
Viaxe a Allariz
Saída ás 8 horas