Como xa se ten anunciado confirmamos que o día 14 de decembro ás 20 horas, farase a visita á exposición guiada polo arqueólogo Celso Rodríguez.

Lugar de encontro Salón de Actos da Vicerreitoría, Praza de Pío XII (fronte á fachada principal da Catedral)..

 

Exposición  “A Domus do Mitreo”

Esta exposición aberta na sala de exposición da Vicerreitoría, recolle unha selección de pezas dos varios miles que apareceron nas escavacións do solar feitas no ano 2000, e que abarcan estratos que van desde o ano 27 a. de C., os máis fondos, ata os máis superficiais que se corresponden co século XX.

Apareceu unha domus ou casa romana, que se organiza arredor dun patio interior. Cara o ano 284 d. de C., sufre unha reorganización creando unha serie de ámbitos privados, entre o que destaca o mitreo, un espazo rectangular cunha nave central bordeada por cinco pilastras que sustenta a cuberta. O nicho do culto tivo unha estátua de bronce dedicado ao deus Mitra matando ao touro. A peza máis importante é a ara dedicada ao deus polo centurión da Lexio VII Xemina Antoniniana, Victorius Victorinus.

A partir da construcción da muralla, cara ao ano 270, a casa é expropiada, destinándose a parte non afectada a outros usos.

Na Idade Media a casa desaparece, faise unha calzada apegada a muralla e un cemiterio que se utiliza no século XII. Tamén aparecen evidencias de que este espazo se utilizou como taller dos canteiros que traballaban para facer a catedral románica.

A fins do século XVIII, coa nova fachada, remodélase o adro ou Bo Xesús, fanse as casas acorde coa importancia da nova obra, entre as que está a que foi de don Pedro Pablo Montenegro, se actual da Vicerreitoría.

 

Preme no icono con 4 frechas que aparece na parte superior  para poder ver o documento en toda a pantalla.


Día 28, xoves, ás 20 h., xunta no salón de actos do Complexo Xuvenil Lug I I (rúa Pintor Corredoria, Nº 4), na que se falará do programa detallado da viaxe a Portugal (días 4, 5 e 6 de decembro), e se anotará á xente que queira ir. En principio, a viaxe custará entre 190 e 240 euros en función de habitación dobre ou individual, por persoa, incluído todo (hotel, comidas e entradas aos monumentos), a excepción do xantar do día 4 para o que se recomenda levar un bocadillo. O importe farase efectivo na conta da Asociación previa anotación neste día.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. +

    Día 23, sábado Viaxe a Monforte, visita ás Clarisas e a Compañía. Saída ás 9 horas. Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. +

    Día 12, xoves Asemblea xeral e festa dos socios. Xantar no Hotel Méndez Núñez. Actuación do grupo de música clásica Bóreas. Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO