Artigos filtrados por data: Xuño 2024

18 de xuño

O investigador e divulgador Héitor Fontes fixo na súa conferencia un percorrido polas torres, castelos, fortalezas e pontes fortificadas de Galicia, un patrimonio nalgúns casos desaparecido pero que fica documentado en moitos arquivos galegos, noutros abandonado e, en menor número, conservado, si se ten en contan que existen unhas 2.000 construcións das diferentes tipoloxías.

Comezou coa identificación da terminoloxía vinculada coas fortificacións medievais (castelos, casas torre, fortalezas, torres, atalaias...), así como o léxico galego relacionado con tales edificios, significando que o matacán chámase aquí ladroeira e vara a torre da homenxe, aclarando que a amea é oco que hai entre dous merlóns.

Día 22, sábado

Viaxe para ver o castelo de Pambre a Casa Torre de Xiá Museo Etnográfico de San Paio de Narla e o mosteiro de Sobrado dos Monxes. Saída ás 9 h.

XUÑO

Día 18 de xuño, martes

Conferencia de Héitor Picallo Fuentes sobre “Os castelos de Galicia”.

 

25 de maio
Con motivo de terlle dedicado o Día das Artes Galegas ao escultor Francisco Asorey, e como complemento á conferencia que impartiu  sobre o escultor Maribel Iglesias Baldonedo, organizouse un roteiro para ver as súas esculturas na cidade.
Participaron nas explicacións Julia Cantalapiedra Álvarez, licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporánea, que se encargou de tratar a parte artística; Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia, que fixo a parte histórica e a cuestión técnica desenvolveuna Juan Ramón Pérez Martínez, graduado en Artes Aplicadas que foi profesor de Escultura e Volume na Escola de Artes Aplicadas de Santiago de Compostela.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Anotacións para as viaxes do día 22 ao Castro de Viladonga e Sala Porta Miñá +

    Día 11 de marzo, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre Ler Máis
  • Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre "Lucus e o seu territorio na Gallaecia" +

    Día 11 de marzo, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre Ler Máis
  • Viaxe a o Castro de Viladonga +

    Día 22, sábado Viaxe a o Castro de Viladonga (pola mañá, con xantar) e pola tarde visita á exposición arqueolóxica Ler Máis
  • 1

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO